Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que os cambios na RPT da Deputación fomentan a segregación de traballadores coa mesma categoría profesional

Nota de Prensa

O GPPP afirma que Besteiro reformou a RPT da Deputación para pagar favores

* Os populares advirten que os cambios introducidos fomentan a segregación de traballadores coa mesma categoría profesional

Lugo, a 20 de outubro de 2010.- A política de persoal desenvolvida polo goberno da Deputación está a promover tratos diferenciais e discriminatorios entre traballadores e mesmo parece, segundo aseguran dende o Grupo provincial do Partito Popular, que tenta abrir unha gran fenda e converter en oitoceneuristas a moitos dos traballadores da administración provincial mentres outros, sen ningún mérito específico que os faga obxectivamente merecedores delo, reciben un trato salarial moi distinto.  “Estase a fomentar a segregación entre traballadores con indéntica categoría profesional”, afirman.

A modificación na Relación de postos de traballo (RPT) acometida pola Deputación susténtase únicamente baixo o criterio do amiguismo e do pago de favores polos servicios prestados ós acólitos do goberno provincial. Só deste xeito se explica, segundo o Grupo provincial do Partido Popular, que a reforma circunscríbase a áreas e postos de traballo determinados nos que, por exemplo, se cambian niveis, cun incremento sustancial do complemento específico, para persoas que seguen a realizar as mesmas funcións que antes da modificación.

Danse incluso algúns casos “pintorescos” polos que, por exemplo, algún traballador do gabinete xurídico, “por obra e gracia desta reforma, protagoniza unha ascenso meteórico”. Así, promociona de categoría, pasando directamente á pertencente ó grupo A1, sen pasar polas categorías intermedias.

Os populares non entenden tampouco a razón pola que esta “innecesaria” reforma acométese de xeito selectivo, dado que afecta en exclusiva ás áreas administrativas.

O Grupo provincial do Partido Popular considera que o bipartito provincial optou pola abolición da carreira administrativa ó eliminar os principios de mérito e capacidade esixidos para o desempeño dos respectivos postos de traballo e que, legal e moralmente, deben rexir non só a provisión da propia praza senón tamén a súa valoración e fixación do salario. Optou asimesmo pola introducción de criterios totalmente subxectivos e polo tanto arbitrarios e discriminatorios, nos que pesa máis quen ocupa o posto que as tarefas que se realizan.

É curioso que postos do Grupo A1 teñan menos nivel e retribucións que outros postos que poden ser ocupados por persoal do Grupo A2, C1 e incluso C2. é dicir, postos a ocupar por titulados universitarios teñen idéntico nivel e cobra o mesmo e incluso menos que outros cuxa titulación requerida é o bacharelato ou a ESO.

Persoal con funcións do mesmo valor, importancia e responsabilidade cobran salarios totalmente dispares, incluso naqueles casos nos que o desenvolvemento da súa labor conleva unha especial dificultade técnica asingnaselle complementos específicos inferiores a outros de menor categoría.

Ademais, a Deputación rexeita por sistema e amparándose en formulismos, ou directamente non dá resposta, ás alegacións presentadas polos traballadores que se sinten perxudicados. “Os traballadores, como consecuencia, non só son discriminados senón que se lles priva incluso do seu dereito a reclamar ante un trato que consideran inxusto”, aseguran dende o GPPP.

Exit mobile version