Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o concelleiro nacionalista na corporación de Cervo defendeu a supresión do ente provincial

Nota de Prensa

O único concelleiro nacionalista na Corporación municipal defendeu no día de onte unha moción na que pedía a supresión do ente provincial

O PP de Cervo empraza ao voceiro local do  BNG a que, se non cre nas deputacións, actúe en consecuencia e deixe o seu posto de traballo

* Xoán Antón  Estua traballa como administrativo do grupo provincial nacionalista, un posto de libre designación, cuxo salario procede da facenda da Deputación.

* As incoherencias nas que diariamente incorren os nacionalistas amosan a súa falta de seriedade, rigor e unha política baseada no engano: afirman  unha cousa e actúan de xeito contrario.

Cervo, 1 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Cervo empraza ao voceiro local do Bloque Nacionalista Galego a que, se non cre nas deputacións, actúe en consecuencia e deixe o posto de traballo que neste momento está a desenvolver neste organismo. O único concelleiro nacionalista en Cervo defendeu no día de onte unha moción –que non prosperou- na que pedía a supresión desta administración provincial, todo iso, pese a que Xoán Antón Estua traballa como administrativo adscrito ao grupo provincial nacionalista, un posto de libre designación cuxo salario procede da facenda da Deputación de Lugo.

Os populares sinalan que as incoherencias nas que diariamente incorren os membros do BNG amosan a súa falta de seriedade e o seu mínimo rigor. En base a  iso emprázalles a actuar en consecuencia e abandonar todos os cargos de responsabilidade que poidan desenvolver en institucións nas que non cren e das que incluso piden a súa supresión. Segundo o PP o BNG está a practicar neste asunto unha política baseada no engano: afirman unha cousa e actúan de xeito contrario.

De feito, Xoán Antón Estúa está a beneficiarse dobremente da Deputación provincia de Lugo pois, a pesar de que cobra un salario do ente provincial, pagado por todos os lucenses, non ten o seu centro de traballo neste organismo senón na sede comarcal que o BNG ten en  Foz. A devandita circunstancia converte ao voceiro nacionalista en Cervo, que agora renega das Deputacións, en un “liberado” a cargo dos fondos provinciais.

Exit mobile version