Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela anuncia o inicio de obras na praia de A Marosa

Nota de Prensa

ESTA SEMANA DERON COMEZO VARIAS OBRAS NA PRAIA DE A MAROSA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR ALFREDO LLANO.

Burela, 8 de outubro de 2010. Esta semana deron comezo varias obras na praia de A Marosa, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano. Trátase da construcción dunha rampa de acceso para minusválidos, “que tamén facilitará o paso da maquinaria que teña que entrar no areal”, ademáis de melloras no espigón que se atopa danado polos moitos temporais rexistrados no mar nos últimos anos e “estáse procedendo a soterrar a tubería de pluviais que quedou completamente danada polas chuvias e as inundacións rexistradas o pasado mes de xuño”.

Os primeiros traballos que está a realizar Costas son os da rampa e o soterramento da canalización e “máis adiante será o momento de arranxar o espigón da Marosa”, puntualiza o rexedor.

Exit mobile version