Nota de Prensa
NOVA ACTIVIDADE DO PROXECTO “ENCONTROS”
MAÑÁ MÉRCORES 27 DE OUTUBRO, DE 16:30 A 18:30 HORAS, NO CENTRO SOCIAL DE MORÁS, teremos unha nova actividade dentro deste Programa de coeducación, que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. A organización de “Encontros” corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e o Departamento de Igualdade do Concello de Xove en colaboración co IES Illa de Sarón.
O Encontro de mañá, no que van participar os 20 alumnos/as de 1º do IES Illa de Sarón e varias persoas da Escola de Maiores, vai versar sobre ELABORACIÓN DE PRATOS TÍPICOS CON FROITAS DE TEMPORADA. Trátase dunha repetición do proxecto celebrado o pasado 20 de outubro, tamén en Morás, pero ao que non puideron asistir os alumnos/as de 1º, dahí que se decideu repetir a experiencia para estes alumnos.
Recordamos que se trata de:
-Coñecer tódolos froitos típicos desta estación otoñal (castañas, mazáns, uvas, figos, etc.).
-Elaboración de pratos cos ingredentes propios desta época (marmelo, compota, confitura, mazas e castañas asadas, etc):
-Pequena degustación-merenda dos pratos mencionados.
Este proxecto pretende crear espazos nos que os rapaces/as coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso Concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
O proxecto “Encontros”, que xa se ven desenvolvendo dende o pasado ano con moito éxito, ten como obxectivos xenéricos a igualdade entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e rurais e a educación en valores de respecto.