Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP de Burela que non se gastou todos os cartos que a Xunta lle enviou para axuda no fogar

Nota de Prensa

O GMPP burelés reitera a perda de cartos en servicios sociais por non gastalos: 58.596’81€.

O bipartito tampouco gastou todos os cartos que a Xunta lle enviou para axuda no fogar para non dependientes.

Os populares reafírmanse: “a xestión en servicios sociais é nefasta”.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela reiterou hoxe que o bipartito burelés deixou de gastar 49.460’24€ en 2009 en servicio de axuda no fogar para dependentes, e ademais tamén deixou de gastar 9.136’57€ no servicio de axuda no fogar ordinario tamén en 2009. Polo tanto, a Xunta enviaralle ó concello este ano 58.596’81€ menos, porque eses cartos xa están en poder do concello de Burela, se non os gastaron noutra cousa, que non sería sorprendente.

Pero ainda así e todo, o bipartito burelés vai contar con máis cartos este ano para axuda no fogar para dependencia, exactamente os 49.460’24€ que non gastou en 2009 e que deberían están nas arcas municipais, máis 64.788’04€ que xa están ingresados desde principios de agosto de 2010: en total, 114.248’28€, ou sexa, 26.872’28€ máis ca en 2009.

Estes datos confirman que quen non se entera de nada é precisamente Nieves Cando, que semella estar no concello de adorno e ir alí solamente a cobrar dos cartos de todos. Estes datos pode obtelos no propio concello

Os populares consideran que todo o que dice Nieves Cando “é ganas de marear a perdiz e cargarlle a culpa á Xunta da propia incompetencia política do bipartito burelés. Afirma que os cartos non houbo que devolvelos: que máis dá devolvelos e que os volvan a dar, que quedarse con eles e que despois os dean de menos. O certo é que se eses cartos fosen gastados polo bipartito no que tiñan que ser gastados, o concello recibiría este ano alomenos 58.596’81€ máis co ano pasado. E eso non será así pola falta de traballo e falta de compromiso do bipartito burelés en materia de servicios sociais”.

Para o GMPP, é evidente o estado de nervios de Nieves Cando; ademais de pedirlle que se tranquilice, tamén lle pedimos que deixe de ser pretendidamente goberno pola mañán e oposición pola tarde hasta o mes de maio, mes no que as tornas poden cambiar. O certo é que pola mañán é máis desgoberno ca goberno e pola mañán agarra a pancarta e convírtese en fera opositora pero, eso sí, carente de argumentos.

Desde o GMPP, pedímoslle que se adique a falar do que tén que falar, e deixarse de decir bobadas, que o único que demostran é un crecente estado de nervios.

Exit mobile version