Nota de prensa:
A FALA EN QUE MÁIS SE DIXO ADEUS”
# ROTEIRO POLO COUREL
PARADA-FOLGOSO
ADEGA Lugo dedica o seu programa de roteiros para este curso 2010-2011 á lingua galega como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia como vehículo de vida e de entendemento ou interpretación do medio que nos rodea, para non deixar esmorecer o que constitúe o principal elemento da nosa identidade.
O primeiro roteiro deste curso non podía ir a outro lugar máis que aquel onde naceu o grande poeta, este ano conmemorado no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra. Iremos á Serra do Courel. Comezaremos a camiñada no vello Souto de Parada polo que subiremos ata a casa do poeta e a escola na que María Mariño, outra das escritoras máis representantivas desta montaña, daba clase. Camiño da Lomba, baixaremos ata a FONTIÑA do Carabel/ Auga branca/ Nacia ó pé dunha faia/ Teñe que ter bon beber/ Fontiña do Carabel/ Que das xusto o que un pode beber… Logo pasaremos pola aldea máis grande da Serra, Ferreirós de Arriba da que destaca o seu magnífico Souto e o Pico de Penaboa, pendurado baixo o Piapáxaro. Antes de chegar ao remate do percorrido en Folgoso, asomarémonos ao Pico do Coto que colga en vertical 600 metros sobre o río Lor.
O roteiro é de aproximadamente 12 quilómetros e de dificultade media-baixa. Os primeiros 4 quilómetros discorrerémolos costa arriba e logo o camiño suavizarase ata o último quilómetro para subir ao Alto do Muimento. Ao remate da camiñada unirémonos á FESTA DA CASTAÑA de Folgoso do Courel. Colabora: SOS Courel.
DOMINGO, 7 de NOVEMBRO de 2010
Normal………………………………………………………………………… 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro………………………………. …….12 €
Soci@s………………………………………………………………………… 10 €
Ata 17 anos…………………………………………………………………. .. 5 €
O autobús sairá de diante da Escola de Maxisterio ás 9 h. Prégase puntualidade.
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s
PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO (máis información en www.adega.info):
28 Novembro: As verbas e a música das augas caídas Val de Lóuzara (Samos)
19 Decembro: A Educación ao son da Natureza Lugo
23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras A Chaira
20 Febreiro: Camín d’as Eiras Taramundi
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…” Mondoñedo
17 Abril: Modelo Burela Burela
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” Costa da Morte
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” Valença-Monçao