Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese en Palmeiro a exposición “Xove 360º +. Grao a Grao”

Nota de prensa:
“Xove 360º +. Grao a Grao” agora no Club Social de Palmeiro

Esta exposición, que estivo aberta na Sala de Exposición do Centro Cívico de Xove do 13 ao 29 de agosto, vai estar dende hoxe 28 DE OUTUBRO ATA O 15 DE NOVEMBRO no Club Social de Palmeiro, en horario de 11:00 a 23:00 horas.

A exposición conta con 50 fotografías, ousexa, as mesmas que a edición do pasado ano. Ana Isabel Codesal, Felipe Abad, Javier Arca, Enrique Peña, Ana Isabel Lage, José Manuel Blanco, Alberto Rapa, Marta Álvarez, Andrea Castro, Santos Cordovilla, Juan Antonio Fernández, Mª Elena Fernández, Andrés García e Mateo Guerreiro conforman o Colectivo de Fotógrafos de Xove que participa nesta exposición, á cal invitamos a todos a ver en Palmeiro.

Cada participante presentou obligatoriamente 5 fotos. Destas 5 fotos, as 2 que decideu previamente cada participante incluíronse de inicio na exposición, polo que tódolos participantes tiveron garantizadas na exposición 2 fotografías como mínimo. As 3 fotografías restantes foron xuntos coas dos demais participantes para unha bolsa da que sairon as restantes fotos da exposición; ousexa, 30 fotos da exposición foron elexidas directamente polos participantes, e para as restantes realizouse unha votación entre tódolos fotógrafos para escoller as 20 que faltaban para completar as 50.

A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, podendo ser de Xove ou non. Non se permitiron montaxes fotográficas, “versus photoshop”. Si se permitiron os efectos de cámara: brillo, contraste, saturación, balance de brancos, etc.

Exit mobile version