Nota de prensa:
A 1º Feira Outlet de comerciantes só da capital abre as súas portas con descontos de ata o 70%
– Gómez Besteiro e López Orozco inauguran a iniciativa impulsada por Deputación e Concello de Lugo xunto á Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais lucenses para potenciar e manter postos de traballo neste sector
– 20 profesionais da capital poñen á venda os seus stocks -pezas de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería e ata delicatessen – por primeira vez no centro da capital, e antes ca ningún outro comerciante de fóra da provincia
– O Presidente da Deputación desexa a estes profesionais a mesma sorte que os artesáns de Artesanfroilán logo de acadar un volume de negocio de case 100.000 euros, un 20% máis que no 2009
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto á Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais lucense, Nora Real, inauguraron este vernes a 1º Feira Outlet de comerciantes exclusivamente da cidade de Lugo. Tratáse dunha iniciativa impulsada por Deputación, Concello de Lugo e dito colectivo, co obxectivo de potenciar e manter postos de traballo neste sector da capital. Noutras cidades de España xa se levou a cabo, acadando grandes beneficios. Para elo, logo do éxito da última edición de Artesanfroilán, onde o volume de negocio acadou os 100.000 euros, un 20% máis que en 2009, o organismo provincial e o municipio lucense sitúan a mostra na céntrica praza Anxo Fernández Gómez, sendo a primeira vez que o centro da cidade acolle unha feira destas características.
Gómez Besteiro subliñou que “esta feira pecha unha semana de boas noticias como a licitación da nova estación intermodal de Lugo. Estamos convencidos de que a colaboración entre Deputación, Concello, e este colectivo; xunto á ubicación da feira; e o feito de que esta sexa a semana da sorte logo dos beneficios acadados en Artesanfroilán; fará que esta mostra repercuta na mellora do sector do comercio. Non podemos esquecer que se ós comerciantes lles vai ben, a Lugo tamén, porque os autónomos son a base económica da provincia. Por iso temos que mimar ó pequeno comercio”.
Pola súa banda, López Orozco destacou que “o pequeno comercio ten que buscar fórmulas imaxinativas e tomar a iniciativa para competir en calidade. Non podemos deixar que este sector vaia para baixo. Hai dous camiños: andarse queixando ou desenvolver iniciativas coma este outlet. Somos unha cidade 10 e somos unha cidade de nota 10”.
Esta iniciativa súmase ó “Pacto Provincial polo Emprego” co que a Deputación logrará insertar laboralmente a 540 desempregados na provincia nas profesións de futuro; a “Km0. Deputación de Lugo”, o programa medioambiental que mantén 3.000 postos de traballos en Lugo grazas á colaboración que organismo provincial mantén con comerciantes, artesáns, transportistas, traballadores de empresas de lecer ou aventura, hostaleiros, etc; ou ás pioneiras subvencións en España coas que a Deputación se fai cargo dos cargos correntes dos autónomos da provincia.
Participantes e horario
A Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo reuniu a 20 comerciantes lucenses para por á venda na capital, e antes ca ningún outro comerciante de fóra de Lugo, os seus stocks. Deste xeito, a cidade de Lugo acolle unha mostra composta por variadas pezas de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería e ata delicatessen que contan con descontos de entre o 50% ó 70%.
Os comerciantes que exporán os seus produtos son os seguintes: Chiqui, Messalina, Copy Zapatos, Tintoretto, Abegonza, Montse Arias, Estela, Briti, Lencería Lilas, Chupete, Bebo y Beba, INPE, Dick & Paul, Droguería Romay, Metacrilato e artígos de regalo, Clamar Regalos, Santo Domingo 2 Galerías, Torques Lugo, Óptica Torres, Xoiería Senen e La Palloza.
Este venres, logo da inauguración por parte de Gómez Besteiro e López Orozco ás 17:00 horas, a apertura ó publico da 1º Feira Outlet de comerciantes de Lugo será ás 18:30 horas e ata ás 22:00 horas. Durante a fin de semana, 16 e 17 de outubro, o horario será o seguinte: de 12:00 ás 14:30 horas pola mañá, e de 16:30 ás 22:00 horas pola tarde.