O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza a Festa da Terceira Idade, destinada a xubilados/as maiores de 60 anos, e vaise desenvolver o vindeiro venres 22 de outubro. Tódalas persoas de Xove que cumplan os requisitos e queiran inscribirse nesta XVIIIª Festa, o poden facer ata o venres 15 de outubro, inclusive. O programa de actos é o seguinte: 12.30 hs: misa solemne no salon de actos do centro civico; 14.00 hs: xantar no restaurante Louzao (totalmente gratuita para os/as empadronados/as en Xove ). Haberá autobuses que recorrerán todas as parroquias para recoller a todos aqueles que o desexen. Despois do xantar haberá baile e regalos.