Site icon Crónica3.com A Mariña

AA.VV “Cruz da Venta” replica ao grupo socialista de Cervo

REPLICA A O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE CERVO

Non é intención desta Xunta Directiva, manter unha polémica permanente cos membros do Grupo Municipal Socialista, como tampouco aceptar que queden impunes certas afirmacións que non dubidamos fosen realizadas de boa fe, pero baseadas na ignorancia máis absoluta.

Consideramos un grave erro que o PSOE arremeta contra unha asociación de veciños cando o que pretendíamos é poñer de relevo a sorpresa e malestar que para moitos de nós supón observar como un partido político bota pedras contra o seu propio tellado e critica a chegada de investimentos millonarios para o noso pobo.

Creemos entrever certa rectificación na posición do PSOE local respecto da construción da goleta San Ciprián. Supoñemos que aínda que coa boca pequena son conscientes da importancia de preservar unha actividade tradicional e moi nosa, como é as carpinterías de ribeira, os postos de traballo a elas asociados, así como impulso turístico e cultural que supón este proxecto. Lamentamos tamén que pareza que no noso pobo molestan proxectos similares aos que noutros concellos promoven administracións socialistas pero cunha moito menor rendibilidade social, cultural e histórica, como o CIMA de Foz, o barco-muralla da Deputación ou o ascensor panorámico de Ribadeo.

Pero o máis grave é que agora disfracen a súa oposición coa escusa de establecer outras prioridades ante a crise, enumerando unha serie de proxectos: saneamento, centro de día, gardería e dando a entender que a asociación de veciños non os reclamou convenientemente. Probablemente dita acusación agoche certo malestar de conciencia no PSOE, sabedores de que precisamente o que agora reclaman é o que veñen negando a este pobo durante os pasados catro anos de Goberno bipartito.

Polo de agora as obras de saneamento están en marcha, o centro de día ten as axudas comprometidas e o proxecto elaborado e o traslado da gardería está bloqueado precisamente pola falta de claridade dunha administración socialista. Pero teñan claro que si nalgún momento temos que criticar algo destes aspectos o faremos, porque a diferenza doutros non respondemos a outro ditado que defender o mellor para os nosos veciños, gústelle ou non ao partido político de turno.

Por certo, “os nosos veciños” son os de San Ciprián, así o establecen os estatutos da asociación, de aí que non entremos a facer valoracións respecto de cuestións alleas a este pobo, como o ERE de Sargadelos, malia solidariedade propia cos afectados. Se o PSOE critica o silencio das asociacións veciñais a este respecto non debera ser precisamente o da nosa, senón o daquela á que lle corresponda defender os intereses dos veciños do burgo de Sargadelos que, estou seguro vostedes saben, non é precisamente o caso de Cruz da Venta.

Esperemos que con isto, quedarán suficientemente despexadas as dúbidas do Grupo Municpal Socialista de Cervo. Pola nosa parte, esperamos ter deixado o suficientemente claros os nosos criterios, no desexo de non ter que vernos na obriga de saír outra vez aos medios para aclarar as conxecturas ás que permanentemente nos teñen afeitos algúns membros do Grupo Municipal Socialista deste concello.

AA.VV. “Cruz da Venta” San Ciprian
31-Nov-10

Exit mobile version