Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Xunta inclúe nos orzamentos todas as grandes obras que prometera para a provincia de Lugo”, afirma o PP

Nota de Prensa
O PP salienta que a Xunta inclúe nos seus orzamentos todas as grandes obras que prometera para a provincia de Lugo

* O presidente provincial e os deputados autonómicos amosáronse satisfeitos co investimento comprometido xa que, pese os recortes ós que obriga a crise económica, permitirá rematar en prazo infraestructuras fundamentais para o desenvolvemento da provincia

* Tamén valoraron de xeito positivo que se asegure a prestación dos servicios básicos de atención social

Lugo, a 22 de outubro de 2010.- A Xunta, pese os recortes ós que obriga a crise económica, cumpre e blinda nos orzamentos para o vindeiro ano na provincia de Lugo as partidas precisas para garantir a construcción das grandes infraestructuras prometidas e para que ou seu remate poida realizarse en prazo, así como para cubrir a prestación dos servicios básicos no eido da asistencia social. Son, por tanto, unhas contas axustadas á situación actual pero sen castigar ós lucenses como si fixo o Goberno central, que condena a Lugo a un novo retraso na execución de infraestructuras básicas para o seu desenvolvemento.

“Mentres o Goberno de Rodríguez Zapatero reprograma e, por conseguinte, retrasa obras na nosa provincia, o executivo que lidera Núñez Feijoo mantén todos os seus compromisos. A diferencia é notoria. A Xunta, pese a ter que sufrir tamén os efectos da crise e recibir do Estado 1.500 millón de euros menos, o que supón unha rebaixa do 17 por cento con respecto a este ano, cumpre coa nosa provincia”, explicou hoxe o presidente provincial do PP José Manuel Barreiro durante a súa comparecencia, xunto cos deputados autonómicos, para valorar as contas da Xunta para o 2011.

“O resumo é que, pese a que o goberno de Zapatero parece estar empeñado en afogar a Galicia, a Xunta logra manter o seu nivel de investimento nas áreas prioritarias e aposta decididamente por Lugo”, reiteraron.

Os representantes do Partido Popular insistiron en que a Xunta de Galicia “respalda con feitos” a súa aposta pola construcción, en prazo, de infraestructuras viarias básicas para facer realidade a vertebración territorial da provincia de Lugo.

Salientaron a este respecto que dos preto de 113 millóns de euros que investirá a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a metade adicaranse a estradas, facendo mención explícita ós 23 millóns que se van adicar á VAC Sarria-Monforte; ós preto de 400.000 euros para o proxecto de desdobramento do tramo Nadela-Sarria, así como unha partida para iniciar xa en 2011, con financiación público-privada e dentro do Plan Move, as obras do desdobramento e que, en total, suporán 33 millóns de euros de investimento; ós 10 millóns que se van a adicar á VAC San Cibrao-Ferrol e mesmo ós 3,7 para a mellora do vial que comunica Baralla e O Cádavo (Baleira); ós 2,4 millóns para a de Becerreá-Navia de Suarna; ós 2,9 millóns a LU-127 Rábade-Vilalba; ou ós 4,1 destinados á LU-862 en Viveiro.

Tamén se referiron ós preto de 10 millóns para polígonos industriais e os case 11 millóns de euros de investimento que se levarán a cabo en diversos concellos da provincia a través de Augas de Galicia. “Invistese en parques empresarias para facilitar a instalación ou a ampliación das empresas, contribuíndo así á creación de postos de traballo, e na dotación de servicios básicos como redes de saneamento e abastecemento de auga”, explicaron.

ASISTENCIA SOCIAL E NOVAS TECNOLOXÍAS

Unha especial mención merece tamén ó entender dos populares ós 73,4 millóns de euros que adicará a Lugo a Consellería de Traballo e Benestar. Uns cartos que se adicarán a crear centros de día, escolas infantiles e para cubrir os servizos sociais básicos que prestan os concellos, mantendo ademais as axudas de emerxencia social, dependencia e o Risga.

Así, o plan concertado cos concellos para manter os servizos básicos adícanse 4,3 millóns de euros; 4,6 millóns ó mantemento de centros de día, residencias e vivendas comunitarias; e 4,4 millóns de euros ós oitos centros de menores existentes na provincia.

Fixeron mención tamén a actuacións concretas como os 800.000 euros para o centro de día de Paradela e os 740.000 euros para o de Cervo; así como ás novas escolas infantiles previstas para Alfoz, Baralla ou Vilalba ás que se destinará preto de 1,5 millóns de euros.

Salientaron tamén os 48,4 millóns en materia laboral que se adicarán ós plans de cooperación, formación e cooperativismo e axuda en materia de Relacións Laborais porque, segundo recalcaron, “xerar emprego é neste intre unha cuestión prioritaria”.

Os populares fixeron mención tamén ós 13,4 millóns de euros para a extensión da banda ancha, o desenvolvemento da sociedade da información e para fomentar a modernización e innovación tecnolóxica.

IMPULSA LUGO
Dende o PP calificaron de moi positivo que a Xunta duplique o vindeiro ano a partida adicada ó Plan Impulsa Lugo, ó pasar de 12 millóns de euros a 26,7. Unha iniciativa que, segundo salientou o propio presidente da Xunta nunha recente visita a Lugo, leva xerado xa un investimento de 103 millóns de euros e contribuido a crear e manter preto de 400 empregos.

Exit mobile version