Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta garante o mantemento das consultas psiquiátricas nos xeriátricos da Mariña, asegura o PP

Nota de prensa:
Tal e como lle confirmou a Xerencia do Hospital da Costa ningún momento o Goberno galego decidiu prescindir deste servizo polo que os médicos especialistas seguen a desprazarse ás residencias para controlar a saúde mental dos nosos maiores
BALSEIRO ASEGURA CON ROTUNDIDADE QUE A XUNTA GARANTE O MANTEMENTO DAS CONSULTAS DE PSIQUIATRÍA NOS XERIÁTRICOS DA MARIÑA

* Como no resto de Galicia, as consultas se están a desenvolver polas mañás sen necesidade de desprazamentos ata o hospital. A actividade extraordinaria –en xornada de tarde– se reserva para as primeiras consultas.

A Mariña, 11 de outubro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol asegurou no día de hoxe, con total rotundidade, e tras manter unha reunión co Xerente do Hospital da Costa, que a Xunta garante o mantemento das consultas de psiquiatría nos xeriátricos da Mariña lucense. O parlamentario popular asegura que en ningún momento os actuais responsables do Goberno galego acordaron prescindir deste servizo e polo tanto, médicos especialistas en saúde mental seguen a desprazarse ás residencias para controlar a saúde dos nosos maiores.

Jose Manuel Balseiro explicou aínda máis, e indicou que, como se está a facer no resto de Galicia, as consultas de psiquiatría se están a desenvolver en horario de mañá sen necesidade de que os maiores se despracen ata o hospital. Incluso se está a manter a actividade extraordinaria –en xornada de tarde- reservándoa para as exploracións que se efectúan na primeira consulta.

As palabras do deputado popular veñen a desmentir dun xeito categórico algunhas informacións difundidas “total intencionadamente política” por determinadas persoas vinculadas ao PSOE –entre elas o alcalde de Burela- que aseguraban faltando a verdade que se decidiu a supresión deste servizo. Balseiro reclama “responsabilidade” a estas persoas porque no ámbito sanitario sobre todo, non é axeitado nin correcto crear continuas falsas alarmas, facendo afirmacións que non son certas, como neste caso acontece.

PERFECTAMENTE INFORMADOS E AO DÍA

Balseiro tamén indicou que o equipo directivo do Hospital da Costa xa mantivo contactos cos responsables dos xeriátricos mariñáns para indicarlles o mantemento deste servizo en xornada ordinaria –de mañá- como se está a levar a cabo –insiste- no resto da comunidade galega, así como para garantir que esta asistencia poida prestarse cunha mellor organización e ben programada. “Asilos e residencias están perfectamente informados e ao día”

BENESTAR E SAÚDE MENTAL

O servizo de psiquiatría nos xeriátricos, prestado pola Consellería de Sanidade a través do SERGAS, ten por obxecto garantir unha atención exhaustiva e periódica a un colectivo que, pola súa avanzada idade, é proclive a sufrir enfermidades como demencias o alzhéimer. En ningún momento estivo en cuestión a súa continuidade pois constitúe un espazo de grande importancia no sistema de benestar e no ámbito da asistencia pública á saúde mental.

Exit mobile version