Nota de Prensa
Nota valoración orzamentos Xunta 2011.
A Xunta do PP certifica nos orzamentos 2011 o desmantelamento progresivo do Hospital da Costa que un ano mais non recollen nin o Plan Director nin a súa ampliación
Veiga asegura que os recortes no ritmo inversor no Corredor da Costa non permitirá o seu remate no 2017 polo que o PP volve enganar un ano mais á comarca da Mariña
Os nacionalistas aseguran que con estes orzamentos o paro seguirá medrando na Mariña e afondan nas políticas antisociais recortando o gasto en políticas sociais, educación e sanidade
A Mariña, 22 de outubro de 2010. O BNG valorou moi negativamente os orzamentos da Xunta para 2011 ao consideralos antisociais e antieconómicos polos recortes en políticas sociais, sanitarias e educativas, ademais consideran que a rebaixa no investimento público no aparato produtivo e en infraestruturas agravará os datos de desemprego na comarca.
Os recortes no investimento en infraestruturas agrava a crise económica e fará aumentar as taxas de desemprego na comarca
O BNG a través do seu Responsábel e Portavoz Comarcal, Antonio Veiga, valorou negativamente os orzamentos da Xunta para 2011 xa que “nin axudan a combater as taxas de paro na comarca nin apostan por políticas sociais, sanitarias e educativas que garantan a atención e continuidade de servizos básicos para a poboación “. Neste sentido dende o BNG fixeron referencia ao recorte en 2 millóns de euros nas previsións para a execución das obras do Corredor da Costa nos tramos da provincia de Lugo incluídas nos orzamentos 2010 que baixan de 11 a 9 millóns fan unha previsión de gasto plurianual na que a maior parte da execución de obra queda adiada do 2014 en diante; “para Veiga o PP volve enganar á Mariña e asegura que con este ritmo inversor nin 2014 nin 2017, o corredor corre o perigo de eternizarse e en ningún caso estará rematado no 2017 como así se comprometeu o Conselleiro de Infraestruturas o ano pasado.”. O nacionalista ademais fixo mención aso efectos negativos que estes recortes teñen sobre a economía da comarca, “cando os investimentos públicos en apoio do aparato produtivo e en infraestruturas e mais necesario para combater a crise e o desemprego, o goberno galego fai xustamente o contrario”. Os nacionalistas tamén botaron en falta partidas económicas para outras infraestruturas de comunicación comprometidas polo goberno autonómico como a LU-123 que afecta aos concellos da Pontenova, Riotorto e Mondoñedo.
Con este orzamento a Xunta certifica o desmantelamento progresivo dos servizos sanitarios públicos na Mariña.
O BNG acusou ao PP de presentar con este orzamento o “certificado de defunción do Hospital da Costa” xa que un ano mais nin se inclúe a súa ampliación nin o Plan Director” polo que a desconfianza e temores de moitos mariñaos vese acrecentada pola falta de investimento público. O PP ademais de demostrar ser un nefasto xestor incumpre outra volta os seus compromisos coa sociedade mariñá en política sanitaria, “cando aínda non están rematadas as obras previstas nos orzamentos 2010 para o Hospital da Costa, nin se van rematar neste exercizo, segue sen incluír partidas específicas relevantes que demostren a súa aposta por esta área Sanitaria”. Neste sentido os nacionalistas fixeron mención á falla de partidas nos orzamentos 2011 para a ampliación do hospital nin para o Plan Director e unicamente aparecen partidas testemuñais de 350.000 e 175.000 euros. “Veiga sinalou que en sanidade o PP tampouco cumpre, nin en sanidade primaria nin na especializada”, e fixo mención á falta de persoal nos centros de primaria, non se pon en marcha o Plan Mellora, mais tamén falta persoal e equipamentos na especializada e derivando paciente a outros hospitais. O nacionalista acusou ao PP seguir a folla de ruta prevista para o progresivo demantelamento da área Sanitaria Norte e estes orzamentos así o demostran.