Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación calcula que 2 mil persoas participaron xa na terceira tempada de KmO

Nota de prensa

A terceira tempada de Km0.Deputación de Lugo acada os 2.000 participantes en 2 meses

A Mariña, protagonista absoluta das rutas da última semana de outubro

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ás asociacións “Camiña con Nós” de Friol, e “ANPA” de Monterroso. Son os primeiros participantes en Km0.Deputación de Lugo dos máis de 300 desta última semana de outubro. O mes remata con preto de 1.000 novos amigos de Km0 facendo que a terceira tempada do programa medioambiental acade os 2.000 participantes en só 2 meses.

A Mariña volta a ser a protagonista absoluta das rutas desta xornada. Os veciños de Friol viaxan hoxe a Ribadeo para facer unha travesía pola ría e coñecer o casco histórico desta localidade. Mentras, os cidadáns monterrosinos visitarán o Paseo dos Namorados e a fábrica de Sargadelos no Concello de Cervo.

O mércores, veciños da capital e de Bonxe farán as rutas “O Faro” e “Illa Pancha” respectivamente. No primeiro dos casos, coñecerán o castelo Mariño, o faro e o casco histórico de San Ciprian, e no segundo, a maiores de dito espazo, Rinlo, o castelo de San Damián e Cargadoiro, así como o centro da vila ribadense.

Precisamente, Ribadeo é de novo un dos destinos do programa mediaombiental o xoves logo de que membros do colectivo “Mulleres a Xuntaza” de Castro de Rei elexisen a ruta “Ría de Ribadeo”. O mesmo día, xubilados de “ANPE-LUGO” viaxarán a Taboada, e coñecerán o Pazo de Nogueira de Cecillán e San Pedro de Bembibre.

Exit mobile version