Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo e a primeira que estuda a protección de datos persoais nos concellos

Nos últimos anos, abríuse un forte debate público e xurídico sobre a protección de datos persoais logo, por exemplo, da aparicion do SITEL, – o Sistema Integrado de Interceptación Telefónica empregado nas investigacións do caso GÜRTEL-, ou da manipulación dos mesmos en redes sociais como a denuncia dos usuarios de Facebook.

Dende os Concellos, manéxase moitísima información de carácter persoal como o padrón de habitantes, os censos electorias ou os catastros. O uso indebido da mesma implica sancións millonarias que, segundo establece a lei, oscilan dende os 600 ós 600.000 euros.

A finais do ano pasado, dende a Deputación encargamos unha auditoría para coñecer o cumprimento da lei en cada departamento da institución para, a continuación, levala á práctica. Hoxe, todos os edificios dependentes do organismo provincial, incluído o Pazo de San Marcos, dispoñen dun sistema de vídeovixilancia formado por 45 cámaras de acordo coa preservación da normativa da intimidade; e nas ordes e actas das Xuntas de Goberno e Plenos nunca se inclúe o nome completo dos particulares nin dos Deputados que poidan figurar nelas.

Co noso estudo, convertémonos ademais na primeira Deputación de España que realizou unha análise desta magnitude das que, logo de coñecer a situación nas tres zona da provincia, -norte, centro e sur-, puidemos constatar, entre outros datos, que: en Lugo existen 63 entidades que incribiron os seus ficheiros, é dicir, 488, o que dá unha media por entidade de 7,67. Se isto se compara co resto de España, o grado de cumprimento é do 92,65%, é dicir, Lugo sitúase moi por encima da media estatal, que está nun 60%. Nembargantes, polo que respecta ás medidas de seguridade que estén documentadas, un 27% tenas e un 50% non. Só un 12% dos Concellos realizaron a auditoría de seguridade. En canto á externalización dos datos un 70% sí o fixo. Asimesmo, o 4% non cumpre coa obriga de segredo profesional respecto ó tratamento de datos de carácter persoal como por exemplo: deixar claves de acceso informático á vista ou tirar documentación á papeleira con datos persoais, e un 25% dos Concellos só informa ás persoas interesadas do tratamento de datos e dos seus dereitos.

Para a mellora da xestión, o noso estudo conclúe que existe falla de información, de sensibilización interna e de recursos económicos. Por iso, agora a Área de Cooperación do organismo provincial presta asesoramento ós municipios nesta materia. Ofrecemos as pautas necesarias para que fagan unha xestión correcta en todo o que se refire á protección dos datos persoais dos seus veciños, evitándolles unha responsabilidade económica. É dicir, unha vez máis demostramos que somos unha administración útil e estratéxica que resolve problemas que se lles poden plantexar ós Concellos neste século XXI.

Exit mobile version