Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula itinerante tecnolóxica @ da Deputación estará en Mondoñedo con motivo das San Lucas

Nota de prensa:
Os Ministros de Xustiza e Fomento, xunto a outras 25.000 persoas, coñecen a @ da Deputación

– Dos miles de visitantes á aula formativa sobre a e-administración, un 70% foron da provincia, un 12% da Coruña, e os restantes de fóra de Galicia

– Logo do éxito acadado, a @ remata a súa estancia na capital este martes para trasladarse a Mondoñedo con motivo das festas de San Lucas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentoulle este luns ó Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o Innova-TE, o programa tecnolóxico dotado de 9 millóns de euros, -co-financiado nun 70% pola Unión Europea e nun 30% polo INLUDES-, co que o organismo provincial logrará a total implantanción da e-administración na provincia lucense nun tempo récord de menos dun ano. Deste xeito, aproveitando a visita do Ministro á capital con motivo das festas do San Froilán, Caamaño interesouse por coñecer a @, a aula itinerante de formación coa que a Deputación está a achegar a administración electrónica ós cidadáns ante a súa vindeira chegada a Lugo en 2011.

Gómez Besteiro, acompañado polo Ministro de Xustiza e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo de anfitrión da comitiva oficial durante o seu percorrido pola aula formativa de 230 metros cadrados en forma de @ situada a carón das instalacións da Policía Local lucense. O Presidente subliñou o éxito desta iniciativa que visitaron, dende a súa apertura o pasado sábado, o Ministro de Fomento, José Blanco, e outras 25.000 persoas. Destas, o 70% foron cidadáns da provincia, o 12% da Coruña, e o restantes de fóra de Galicia. Todos eles puideron coñecer coa @ as avantaxes da e-administración, así como sensibilizarse coas novas tecnoloxías mediante talleres, xogos, sorteos tecnolóxicos e mesmo simuladores de última xeración.

Da mesma forma, ó igual que fixo o Ministro de Fomento, Caamaño tamén quixo visitar a pioneira aula formativa adicada á agrogandería onde se estan a expoñer as experiencias propias dunha “e-granxa”, así como os innovadores produtos de dúas empresas do campo lucense.

Este martes, 12 de outubro, será o último día da estancia dos espazos tecnolóxicos da Deputación que contarán co seguinte horario ó publico: dende ás 12:00 horas ás 14.30 pola mañá, e de 16:30 ás 22:00 horas pola tarde. Logo, a @ trasladarase a Mondoñedo para estar presente nos festexos de San Lucas.

Exit mobile version