Nota de prensa
XORNADAS DA XUVENTUDE, CULTURA E VOLUNTARIADO.
DIAS 20, 21 e 22 de Agosto e coincidindo co IV FESTIVAL “AS MINAS”, organizamos unha exposición fotográfica na oficina de turismo do Concello da Pontenova, mostrando a transformación que sufriu o noso concello dende a época dos xacementos locais ata o que e hoxe o Concello de A Pontenova.
DIA 21 de Agosto, tamén coincidindo co IV FESTIVAL “AS MINAS” organizamos un espectáculo de maxia no que actuáron membros da ASOCIACION LUDICO CULTURAL ” MAGOS DO RIBEIRO” de Ribadavia.
O vindeiro venres 22 de Outubro terán lugar dúas conferencias nas que participarán os alumnos do IES Enrique Muruais de A Pontenova, serán dúas conferencias, unha que tratará sobr o Politrauma, lesións que se producen derivadas de accidentes, os efectos das drogas e do alcohol na conducción e sobre a RCP, reanimación cardiopulmonar, no que os alumnos terán ocasión de facer prácticas sobre como reaccionar en caso de que a unha persoa lle dea unha parada cardiorespiratoria, e impartirana técnicos do 061 e de ambulancia medicalizada, a outra conferencia tratará dos perigos de internet e as redes sociais, e consistirá nun obradoiro de dúas horas no que os rapaces aprenderán cales son ás vantaxes e os perigos de internet e as redes sociais que hoxe día están tan de moda, de xeito que sepan manexalas de forma segura.
Para rematar as actividades do noso proxecto terémos o próximo domingo 24 de outubro unha obra de teatro da cal vos adxúnto o cartel, no que xa vos ven todo explicado, decirvos que a ASOCIACION XUVENIL “AS MINAS” repartirá rifas entre os alumnos do Colexio Público de A Pontenova e do IES Enrique Muruais para o sorteo de varios vales de compra do comercio local que terá lugar o día da obra de teatro.
Decirvos tamén que Ovidio Rodeiro Drector Xeral de Cultura e Voluntariado está invitado a asistir a obra de teatro, para calquera dúbida poñédevos en contacto conmigo.