Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural “A Sombriza” de San Cibrao convoca un concurso de carteis contra a violencia de xénero

Nota de prensa:
II CONCURSO DE CARTEIS
“MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
BASES DA CONVOCATORIA
1. OBXECTO
O obxecto do concurso é a creación dun cartel con motivo do 25 de Novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero que incentive e fomente na sociedade actitudes e valores que promovan o respecto entre homes e mulleres, e contribúan á eliminación da violencia de xénero.
2. PARTICIPANTES
Estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato dos Institutos de calquera dos concellos da Mariña lucense.
3. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
O deseño será representativo do día que se conmemora, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No cartel deberá aparecer a lenda 25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Así mesmo, deberá ir acompañado dun lema ou título. O título/lema elixido por cada concursante deberá conter unha mensaxe que sexa positiva, e fomente a defensa e os dereitos das mulleres.
Os traballos presentaranse en soporte papel e/ou formato dixital, sendo a cor e a técnica utilizada libre, sempre que permitan unha correcta reprodución de imprenta.
Nos casos que o traballo sexa en formato físico, será vertical e en tamaño DIN A3, en papel ou cartolina.
Para aqueles casos en formato dixital, o traballo requirirá unha calidade de imprenta de 300 ppp, excluíndose traballos de menor calidade, e serán presentados tamén en CD que conterá, a imaxe do cartel en formato jpg ou tiff coa resolución fixada, e os arquivos orixinais editables do cartel en formato Freehand, Photoshop, Corel Draw ou outro se fose o caso, ademais de todos os arquivos, ficheiros e fontes utilizadas.
Os arquivos en formato dixital, tamén os poden remitir á dirección de correo asombriza@yahoo.es, especificando no asunto “concurso contra a violencia de xénero”, indicando unicamente un número de teléfono de contacto co fin de ser localizado no caso de conseguir o premio.
Deberase reservar un espazo na parte inferior do cartel para situar o logotipo da asociación cultura A Sombriza
Os carteis que optan ao premio deberán ser orixinais e inéditos, non son válidos os que xa foron presentados noutros concursos e non deben supoñer en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras publicadas doutros artistas.
Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos con un lema diferente para cada un deles
4. PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
Achegarase nun sobre pechado en cuxo exterior figurará o título ou lema e no interior os datos do autor/a (nome, apelidos, dirección, teléfono de contacto, breve descrición da obra e fotocopia do DNI, e CD no seu caso).
No caso dos arquivos enviados por correo electrónico, indicarase unicamente un número de teléfono de contacto co fin de ser localizado no caso de conseguir o premio.
Os/as participantes serán os/as únicos/as responsables do contido dos seus carteis en canto a esixencias legais de dereitos de imaxe ou plaxios, segundo as leis vixentes. A asociación cultural A Sombriza quedará eximido de toda responsabilidade ante calquera reclamación que puidese presentarse por parte dun terceiro.
O prazo de presentación rematará o venres 19 de novembro
5. PREMIO
Concederase un único premio dun REPRODUCTOR DE DVD PORTATIL. Así mesmo, a obra gañadora ilustrará os carteis e/ou folletos que se editen con motivo do 25 de Novembro do ano 2011 e serán distribuídos entre os distintos concellos e institutos da Mariña.
Os carteis non premiados, poderán ser expostos nos actos que se realicen por parte do colectivo cultural convocante do concurso, só ou en colaboración con outras administracións, en conmemoración do 25 de Novembro. Estes traballos poderanse recuperar, despois do primeiro día do mes de decembro, previa solicitude ao enderezo electrónico: asombriza@yahoo.es. Unha vez transcorrido devandito prazo, enténdese que se renuncia a calquera dereito sobre eles.
6. XURADO
O xurado que decidirá o concurso estará composto pola directiva da Asociación Cultural A Sombriza (Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureira e Vogais)
O xurado emitirá o seu fallo o 23 de Novembro de 2010.
O premio poderá ser declarado deserto polo xurado.
A participación neste concurso implica a conformidade, aceptación das súas bases, así como as decisións tomadas polo xurado e a súa interpretación das mesmas.

Exit mobile version