Site icon Crónica3.com A Mariña

129 persoas interesáronse en Burela por participar na oferta formativa da Deputación

Nota de Prensa

EN BURELA REXISTRÁRONSE 129 INSCRICIÓNS DE DESEMPREGADOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA OFERTA FORMATIVA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. A MAIORÍA SON MULLERES.

Burela, 5 de outubro de 2010. Tras finalizar o prazo de inscrición da formación ocupacional ofertada pola Deputación de Lugo- INLUDES o pasado xoves 30 de setembro, dende o departamento de Emprego do Concello de Burela recolléronse un total de 129 inscricións de desempregados/as interesados/as en participar nesta oferta formativa. 102 son mulleres, das que 58 son españolas e 44 estranxeiras. Os restantes 27 son homes, dos que só 6 non teñen nacionalidade española.

Na Delegación de Emprego destacan que “o xénero feminino decantouse principalmente pola área socio-sanitaria, non así os homes que solicitaron principalmente Aproveitamentos forestais ou Operacións auxiliares de fabricación. Facendo un desglose dos cursos ofertados neste proxecto, a continuación móstranse o total de solicitudes, tendo en conta que cada participante podía inscribirse ata 3 en cursos de formación:

-Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio: 39 mulleres e 4 homes.

-Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 51 mulleres e 3 homes.

-Servizo de restaurante: 26 mulleres e 8 homes.

-Operacións básicas de pisos e aloxamentos: 16 mulleres e un home.

-Promoción turística local e información ó visitante: 17 mulleres e 45 homes.

-Aproveitamentos forestais: 5 mulleres e 18 homes.

-Operacións auxiliares de fabricación: 18 mulleres e 17 homes.

-Coidador de discapacitados físicos e psíquicos: 14 mulleres e 1 home.

-Atención especializada de enfermos de Alzheimer: 32 mulleres e 2 homes.

-Técnicos de transporte sanitario: 29 mulleres e 8 homes.

-Auxiliar de enfermería xeriátrica: 42 mulleres e 3 homes.

-Monitor sociocultural: 23 mulleres e 3 homes.

-Monitor de actividades de tempo libre infantil e xuvenil: 24 mulleres e 3 homes.

Desde o Concello de Burela lembran que “ata o próximo 8 de outubro, as persoas inscritas poderán entregar a documentación esixida que lles quedara pendente. As baremacións das persoas que participarán no proxecto, serán realizadas dende o INLUDES a partir deste mes de outubro”.

Exit mobile version