Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove promociona o deporte do bolos cos alumnos do IES Illa de Sarón

Nota de prensa:
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS PARA OS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE SARÓN

Un ano máis, e antes de comezar a XXIIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizou unha XORNADA destinada a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do IES Illa de Sarón.

Esta Xornada vense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES, máis concretamente co profesor Xavi Bouza Criado, profesor de Educación Física de Secundaria do IES.

Pola Xornada pasaron tódolos alumnos/as do IES, e na mesma se lles explicaron os fundamentos deste xogo autóctono, e todos tiveron, asimesmo, a oportunidade de xogar.

A xornada tivo, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo dos xogadores: Modesto Albo, un xove xogador de 81 anos e José Baño, quenes se encargaron de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

O programa desta Xornada, que se desenvolveu hoxe martes, 28 de setembro, foi o seguinte:

-MARTES, 28  DE SETEMBRO DE 9:50 A 10:40 HORAS 18 ALUMNOS/AS  DE 4º DE ESO
-MARTES, 28  DE SETEMBRO DE 10:40 A 11:30HORAS 16 ALUMNOS/AS  DE 2º DE ESO.
-MARTES, 28  DE SETEMBRO DE 12:50 A 13:40 HORAS 19 ALUMNOS/AS DE 1º DE ESO
-MARTES, 28  DE SETEMBRO DE 13:40 A 14:20 HORAS 14 ALUMNOS/AS  DE 3º DE ESO

O lugar onde se celebrou esta Xornada foi a BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, dado que está ubicado practicamente ao lado do IES Illa de Sarón.

O obxectivo desta Xornada, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 11 anos decidiu crear unha Liga Sub 18 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Loxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES toda a colaboración prestada na organización desta Xornada.

Exit mobile version