No bairro dos Muiños, nas Vivendas Sociais nº 43 porta 1 e 5, pertencentes a Conselleria de Vivenda, levamos 5 meses reclamandolle a Delegacion de Lugo que veñan a arreglarnos o tellado, do cal nos caen lousas e tellas co cemento.
Consideramolo moi perigoso, porque xogan nenos, pasan turistas, e veciños para coller auga na fonte.
Despois de facer duas reclamacions ao IGVS de Lugo, a mellor resposta deles foi “as cousas de palacio van despacio”.Esta claro que non é un palacio, nin e unha gran obra, para evitar o perigo so fai falla retirar as tellas e delimitar a zoa.
Posteriomente falamos co concello de Mondoñedo, que interveu sinalizando o perigo.