Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 300 desempregados formalizaron a solicitude para participar no programa formativo da Deputación

Nota de Prensa

Unhas 300 persoas buscan traballo nas profesións con futuro dentro do Pacto Provincial polo Emprego da Deputación

– Lara Méndez destaca a excelente acollida que tivo a iniciativa iniciada a principios de mes, xa que unhas 50 persoas acuden diariamente ó INLUDES para formalizar a inscrición no programa formativo que arrancará en outubro

– Os cursos máis demandados son os que están relacionadas coas profesións vinculadas ós sectores sociosanitario, turismo, forestal e hostalería

– As persoas inscritas terán unha bolsa de 400 euros mensuais. A formación suma un total de 15.000 horas e 60.000 de prácticas en empresas

– A persoas interesasdas poderán formalizar a súa solicitude ata o día 30, chamando ó teléfono do INLUDES 982 265 334 e no correo electrónico pactoemprego@deputacionlugo.org.

Uns 300 desempregados da provincia xa formalizaron a súa solicitude para participar no ambicioso programa formativo impulsado pola Deputación, a través do INLUDES, e que permitirá insertar laboralmente a 540 empregos nas profesións con máis futuro na provincia. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, subliñou a excelente acollida que está a ter a iniciativa que se inclúe dentro do Pacto Provincial polo Emprego –programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80%-, “xa que en menos de 15 días foron moitos os que se interesaron por este programa. Concretamente, unhas 50 persoas acuden diariamente ó INLUDES, o que demostra o éxito que van ter os cursos que teñen unha finalidade clara: frear o desemprego e crear emprego estable, efectivo e real”.

Neste senso, os cursos máis demandados son os que están relacionados coas profesións vinculadas ós sectores sociosanitario, turismo, forestal e hostalería, “tal e como demostra o propio Plan Estratéxico da Deputación e a diagnose previa que fixemos para que a formación impartida incidise nos nichos de emprego da provincia”.

Os cursos están dirixidos a desempregados de todos os Concellos, agás o de Lugo que ten máis de 50.000 habitantes e ten o seu propio Pacto. Neste senso, polo que ser refire ó perfil dos solicitantes, destacan os xóvenes parados e a mulleres desempregadas con idades comprendidas entre os 30 e os 45 anos. O prazo de inscrición remata o día 30 deste mes. As persoas que cumpran as características poderán realizar a inscrición de 8:00 a 15:00 horas, chamando ó teléfono do INLUDES 982 265 334 e no correo electrónico pactoemprego@deputacionlugo.org.

A formación comprenderá 45 cursos. En total suma máis de 15.000 horas de formación e 60.000 de prácticas en empresas. Ademais, os beneficiarios recibirán unha axuda económica tanto na formación como nas prácticas equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais.

Para coordinar todo o territorio, os Concellos disporán de 3 oficinas técnicas: no norte (Foz), sur (Chantada) e centro (INLUDES). Contarán con persoal que se desprazarán onde faga falta e asesorarán tamén ós alumnos que, no futuro, opten por montar a súa propia empresa, ben como autónomos ou como PEMES.

Cando remate a inscrición, comezará a selección dos beneficiarios e a formación correspondente para cada un. A Deputación consensuará cos Concellos os lugares máis axeitados para impartir a formación, xa que un bo emprazamento é clave na asistencia do alumnado, así como as empresas para que as prácticas profesionais, procurando que estén o máis próximas ós seus domicilios.

Complementariamente e asegurando que o Pacto teña continuidade no futuro, a Deputación estreará a principios de outubro o primeiro portal de emprego provincial. Esará na web oficial: www.deputacionlugo.org. Será semellante a portais internacionais de busca de emprego, como o famoso “Infojobs”.

Exit mobile version