Nota de Prensa
PRETO DUNHA TREINTENA DE NENOS DISFRUTARON DA OCIOTECA DE VERÁN QUE PUXO EN MARCHA POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO A DELEGACIÓN DE BENESTAR SOCIAL DE BURELA.
Burela, 9 de setembro de 2010. Preto dunha treintena de nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos participaron na ocioteca que puxo en marcha por segundo ano consecutivo a Delegación de Benestar Social de Burela. Onte tivo lugar a clausura.
A responsable de Benestar Social, Neves Cando, lembrou que “a ocioteca púxose en marcha por segundo ano consecutivo para facer posible a conciliación da vida laboral e familiar e ofrecer unha actividade lúdico-formativa para os nenos durante o verán. Os cativos de entre 3 e 8 anos participaron en programas relacionados coa coeducación, o medio ambiente, a expresión plástica e a lectura. Foron un total de 28 nenos e nenas os que disfrutaron desde principios de xullo e ata onte mesmo destas actividades que se desenvolveron na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas”.
Envellecemento saudable
Por outra banda, a edil nacionalista anunciou que “hoxe reanudamos o programa de Envellecemento saudable dirixido aos nosos maiores que se ven desenvolvendo desde o mes de maio. Hoxe tócalle o turno á saúde e á calidade de vida, á necesidade de durmir ben, de facer exercizo e dunha vida medianamente relaxada. A charla será ás cinco da tarde na residencia de maiores de Burela”.