NOTA DE PRENSA:
O PP estará “vixiante” ante as promesas que fagan os socialistas en materia de infraestructuras
Senadores e deputados nacionais e autonómicos, durante unha reunión de traballo celebrada hoxe, constataron a incerteza existente polo futuro das infraestructuras dependentes do Goberno central porque seguen sen concretarse prazos e orzamentos
Chaman a atención sobre o feito de que “pese a que se anunciou o indulto dalgunhas das obras incluidas na reprogramación realizada por Fomento, os traballos non se retomaron, nin sequera as máquinas voltaron ás obras”
Lugo, a 9 de setembro de 2010.- Os senadores e deputados nacionais e autonómicos do Partido Popular retomaron hoxe as súas periódicas reunións de traballo tras o descanso estival nun comenzo de curso político no que os recortes orzamentarios e a conseguinte paralización ou retraso da meirande parte das infraestructuras dependentes do Ministerio de Fomento na provincia de Lugo foi un dos principais asuntos que analizaron.
Os representante populares concluiron, tras estudar polo miudo as declaracións e contradeclaracións realizadas a este respecto durante os últimos meses polo responsable deste departamento ministerial, o tamén lucense José Blanco, que non hai nada claro sobre o futuro das inversións pendentes de execución ó longo e ancho da provincia. As manifestación de Blanco adolecen, de feito, segundo a súa opinión, de rotundidade e manteñen a incerteza tanto sobre as datas de conclusión das obras como sobre o montante económico que se adicarán ás mesmas. Unha incertidume que se prolonga no tempo e que, segundo sospeitan, non chegará a aclararse ata ver as partidas consignadas para tal fin nos orzamentos xerais do estado do vindeiro ano.
Os populares entenden que se improvisado e obrigado foi o plan de reaxuste que levou ó Goberno a amplicar un contundente control no gasto, igual de improvisado está a resultar a “repesca” de obras na reprogramación diseñada por Fomento e da que consecutivamente resultaron indultadas as autovías do Cantábrico e de Lugo-Santiago. “Máxime cando”, segundo puntualizaron, “o teórico indulto da que foron obxecto aínda non se materializou porque nin as máquinas voltaron ás obras nin se retomaron os traballos”.
SEIS ANOS DE MENTIRAS.-
Os deputados e senadores populares consideran convinte, dadas as circunstancias, “poñer a cada quen no seu sitio e sacarlle a máscara ós socialistas, nomeadamente ó actual titular de Fomento, polo carro de mentiras e incumplimentos que acarrean durante os últimos seis anos de goberno”.
Así, lembraron que prácticamente todas as obras aínda pendentes de execución proveñen da etapa do goberno do Partido Popular, enmarcadas no denominado Plan Galicia, “aprobado por unanimidade no Congreso o 22 de xuño de 2004 e que”, segundo salientan, “o executivo que lidera José Luis Rodrígue Zapatero deixou durmir nun caixón ata prácticamente a celebración das eleccións xerais de 2008, cando retomaron este plan de actuación como un compromiso de campaña que, novamente, nos dous anos de lexislatura que levamos transcurrido incumpliron sistemáticamente”.
Os compromisos orzamentarios e os prazos fixados daquela, segundo suliñaron, é preciso lembralos para que “todos os lucenses teñen claro a pouca confianza que merecen os socialistas”. Non descartan, por elo, desenvolver unha campaña informativa neste senso para “enumerar, unha por unha, as mentiras do Goberno Zapatero”.
Segundo o cronograma do Plan Galicia, éstes serían o prazos de remate das infraestructuras comprometidas:
AVE Ourense-Lugo: 2009
AVE Corredor Cantábrico: 2012-2014
AVE Lugo-A Coruña: 2012-2014
AVE Ponferrada-Monforte: 2012-2014
A realidade é que neste intre Lugo é a única capital galega que quedará sin conexión.
Autovía do Cantábrico: 2007-2008 (A primeira das grandes obras “indultadas” por Blanco. As previsións máis optimistas sitúan o seu remate en 2012.
Autovía Lugo-Ourense: 2008-2010 (Antes da anulación dos dous tramos licitados e o posteior indulto, falábase de 2014 como data de remate).
Autovía Lugo-Santiago: 2008-2010 (Á espera dos prazos do novo reaxuste tras a súa “repesca”, Fomento xa prevía antes do “recorte” que non estaría operativa antes de 2013)
Autovía Chantada-Monforte: 2010 (A estas alturas aínda non hai nin proxecto nin orzamento).
A estas obras do Plan Galicia hai que engadir outras que os “socialistas foron sumando á cesta de compromisos” como o tramo estatal do corredor da Mariña, Barreiros-San Ciprián, que está aínda na fase de estudio informativo e que, transcurrido xa máis dun ano da data de peche do prazo de alegacións, polo momento, foron aínda incapaces de resolver os reparos presentados polos distintos concellos a través dos que discorre esta via, en contraste con esta situación o tramo que lle corresponde á Xunta, está en execución; a A-76, Ponferrada-Monforte, que tamén está en estudio informativo e carece de prazo de execución pese a que José Blanco, antes incluso de ser ministro, alá polo 2004, xa anunciaba a súa inminente construcción; ou a “vella” nova pote de Lugo que estará rematada, cando menos, cinco anos despois das previsións iniciais.
Os populares tamén conviron na reunión de hoxe que, dada a proximidade das eleccións municipais, deberán estar vixiantes sobre as promesas que, a este respecto, fagan os socialistas ante a súa “tendencia a prometer o mesmo que non cumpriron na cita electoral anterior”. Neste senso, lembraron “o intento de chantaxe” de José Blanco cando nas Xerais de 2008 “ameazou” nun mitin celebrado en Monforte con que se Zapatero non continuaba na Mocloa non habería autovía Ponferrada-Monforte. “Zapatero continúa na Moncloa pero a autovía é aínda só un proxecto”, concluiron os populares.