Nota de prensa:
ATA O 30 DE SETEMBRO AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO, SEGUNDO INFORMA A AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE RIBADEO.
Ribadeo, 13 de setembro de 2010. Ata o vindeiro 30 de setembro amplíase o prazo de inscrición para participar no programa Pacto provincial polo emprego, que promove a Deputación de Lugo. Os cursos que abarca están dirixidos a desempregados e desempregadas. As actuacións comprenden información e orientación socio-laboral, formacións transversal e formación específica nos cursos:
* Atención sociosanitaria no domicilio. 640 horas
* Atención sociosanitaria a persoas dependente en institución socias. 490 horas
* Servizos de restaurante. 620 horas
* Operacións básicas de pisos e aloxamento. 420 horas
* Promoción turística local e información ao visitante. 730 horas
* Aproveitametnos forestais. 640 horas
* Operacións auxiliares de fabricación. 380 horas
Ademáis unha vez rematada esta fase, está previsto realizar unha segunda de formación complementaria. Os desempregados/as que participen nos módulos de práctica profesional e formación percibirán unha axuda por unha contía do 75% do IPREM (arredor de 400 euros). Os interesados en obter máis información e en inscribirse deberán dirixirse á AEDL do Concello de Ribadeo antes do vindeiro 30 de setembro.