Nota de prensa
PRIMEIRO TRIUNFO E GOLEADA DAS RIBADENSES EN AUTONÓMICA
O Panificadora del Eo-Ribadeo FS conseguiu o seu primeiro triunfo de Autonómica, na segunda xornada, con goleada ante o Castrelo FSF (7-0), outro dos noveis da categoría. As mariñás dominaron un encontro a priori equilibrado, que aínda puido resolverse cun marcador máis contundente, de non ser polas intervencións da meta visitante, Sheila, e os desvíos dos paus.
As ribadenses saíron indecisas esperando o rival en media cancha, pero axiña se deron conta das fraquezas do Castrelo, que só inquedou a Carla en dúas ocasións durante todo o partido.
Xa no minuto 1, Nuria inaugurou o marcador para as locais, seguida de Iria (11), Sofía (17) e María (4-0). Tras o descanso, de novo Nuria subiu o 5-0 nos momentos iniciais. A partir dese momento, o Castrelo pechouse nun cuarto da súa parcela e renunciou a increpar a meta ribadense. O Panificadora só puido perforar a portería ourensá noutras dúas ocasións, nas zapatillas de Eva (26) e Yoli (34).
Xornada 3. Este resultado dá confianza ás xogadoras de Martínez para o seu desprazamento a próxima fin de semana a Santiago de Compostela para enfrontarse na terceira xornada a outro dos potentes de Autonómica, Funeraria Apóstol.
Ficha técnica
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Carla, Sofía, Nuria, María e Fátima, no cinco inicial; tamén xogaron Eva, Iria, Yoli e Elvira.
Castrelo FSF: Merce, Erika, Raquel, Laura e María, no cinco inicial; tamén xogaron Da Cruz, Ana e Sheila.
Goles: 1-0, minuto 1, Nuria; 2-0, minuto 11, Iria; 3-0, minuto 17, Sofía; 4-0, minuto 20, María; 5-0, minuto 21, Nuria; 6-0, minuto 26, Eva; 7-0, minuto 34, Yoli.
Tarxetas amarelas: Elvira, polo Ribadeo FS
Árbitros: Aparicio Carrasco e Javier Mogo (anotador), da delegación lucense