Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 2.000 visitantes e case 100 actores participaron na semana do teatro aficionado en O Valadouro

Rematou, con rotundo éxito,  a semana do teatro aficionado en O Valadouro con preto de 2000 visitantes e case 100 actores aficionados dos distintos grupos que pasaron polas táboas de Ferreira durante os sete días que durou a actividade. Pasaron grupos de Alfoz, Vilaronte, Bravos, Fazouro e cervo sen esquecernos da homenaxe que se lle fixo o domingo como clausura o grupo de teatro precursor da actividade, no que 25 anos despois da súa primeira singladura, se volveron a xuntar todos os actores da súa primeira obra. O concello fixo unha pequena lembranza da man do seu primeiro presidente, do actual e máis da man da primeira persoa que os ensaiou, Dolores Sánchez. Todos e cada un deles recibiron un obsequio de agallaso por mor da clausura do 25 aniversario da semana do teatro aficionado en O Valadouro.

Exit mobile version