Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en San Cibrao a revista oral do Museo do Mar “A Voz dos Carraos”

Nota de Prensa

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DA REVISTA ORAL DO MUSEO DO MAR “A VOZ DOS CARRAOS”

Este é o 9º número da revista e na súa lectura interviron, entre outros, Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo ou Ramón Casas e Montse Recalde (Grupo “Máis talento e menos cemento”)

LUGO, 25 de setembro de 2010. Antonio Veiga, delegado de Cultura da Deputación, asistiu esta tardiña á presentación da revista oral do Museo do Mar de San Cibrao, “A Voz dos Carraos”, da que se presentou o 9º número ás 19 horas e contou coas intervencións de Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo (música, maxia e…), Ramón Casas e Montse Recalde (Grupo “Máis talento e menos cemento”), Pilar Yáñez, Encarna Lago e nenos e nenas que participaron nos obradoiros de verán nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Con este número, o 9º de “A Voz dos Carraos”, colaboraron Benxamín Otero e Carlos Quintá, lalinenses que durante anos comparten aprendizaxes na mesma clase do colexio e do Consevatorio. Alí Benxamín inicia os seus estudos de óboe, e Carlos de violino. No 2003, empecen a realizar proxectos musicais conxuntos. Xunto con varios amigos de Lalín e Monterroso, crean o grupo de folk “Grodan defló”, gañando a IV edición do “Concurso Folk Radio Obradoiro”. Na actualidade os dous manteñen proxectos por separado, e dende hai uns anos, estes dous músicos están a traballar con compañías de títeres: Quintá é músico da compañía “Viravolta” e Benxamín de “Fantoches Baj”.

A sección “comunicación enredada”, sobre as actividades da rede museística, explica a idea subxacente nas mesmas de que museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, e favorecer as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural, a xerencia da rede museística presenta obradoiros que se rexen por diferentes valores: simplicidade, participación, colaboración, dedución, diversión, coñecemento e emoción. O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos que son, en primeiro lugar, compartir disciplinas: arte, ciencia e natureza; compartir culturas: proxectos de comunidade; e compartir en internet: proxectos de redes sociais.

O grupo “Máis talento e menos cemento” creouse para defender un desenvolvemento sostible e racional, e polo tanto, oponse á especulación urbanística da que foi e segue sendo vítima o noso litoral, e da que Barreiros é un dos últimos exemplos. “Máis talento, menos cemento” pretende facer visible que outra forma de crecemento é posible, que para avanzar cara ao futuro non fai falta destruír o pasado e que manter a personalidade das nosas vilas, aldeas ou cidades é garantía de futuro. Organizan diferentes eventos lúdico-formativos, como a “Festa de exaltación do cemento”, grazas á colaboración desinteresada e á xenerosidade de persoas comprometidas con esta causa.

SUMARIO DO Nº9 DE “A VOZ DOS CARRAOS”

Portada

Tema: Mazurca. Intérpretes: Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo

Comunicación enredada

Presentación do proxecto e obxectivos, por Encarna Lago

Música

Tema: O Ramallo (canción tradicional portuguesa) Intérpretes: Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo

Comunicación enredada no Museo Provincial do Mar

Obradoiros para explorar novas formas de relación a través da rede (webs, vídeo-radio, blogs…), por Juan e Sara

Maxia

Maxia con cartas, por Benxamín Otero

Comunicación enredada

Con outra mirada, por Pilar Yáñez

Música

Tema: A pita podeira. Intérpretes : Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo

Comunicación enredada no Museo-Fortaleza de San Paio de Narla

Obradoiros para explorar o coñecemento do pasado a través de xogos (Xogos romanos, Os Irmandiños, Twister…), por Luis e Borja

Maxia

Maxia con cartas, por Benxamín Otero

Comunicación enredada no Museo Pazo de Tor

Obradoiros para explorar as relación entre culturas e entre diferentes xeneracións (Expres-arte, Tratando e retratando…), por Manuel e Blanca

Música

Tema: Nena. Intérpretes: Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo

Comunicación enredada

Conclusións, por Encarna Lago

Maxia

Maxia con cartas, por Benxamín Otero

Iniciativas

Presentación dos obxectivos e actividades do Grupo “Máis talento e menos cemento”, por Ramón Casas e Montse Recalde

Opinión

Intervención do público que o desexe

Epílogo

Agradecementos e entrega dos carnés cos títulos de “Graduado” e “Monitor graduado” aos alumnos/as dos distintos obradoiros, por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo

Contraportada

Tema: caldeliñas (aprendemos a bailar un pasodobre). Intérpretes : Benxamín Otero, Carlos Quintá e Óscar Sanjurjo.

Exit mobile version