Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron a Festa da Faba de Lourenzá no Castelo de Soutomaior en Pontevedra

Nota de Prensa

AS FABAS DE LOURENZÁ CHEGAN A SOUTOMAIOR PARA ANUNCIAR A XX EDICIÓN DA SÚA FESTA, NA QUE SE PREVÉ VENDER PRETO DE 1.500 RACIÓNS

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xunto co alcalde do municipio lucense de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra, e a concelleira de Medio Rural do mesmo, Emma Álvarez, presentaron está mañá no Castelo de Soutomaior da Deputación de Pontevedra a XX Festa da Faba de Lourenzá. Esta celebración gastronómica se celebrará, como cada ano, o primeiro fin de semana do mes de outubro, os días 2 e 3 neste caso, e nela se esperan vender preto de 1.500 racións deste produto de excelencia.

A presentación tiña como obxectivo achegar á provincia de Pontevedra a Festa da Faba, de aquí que o enclave seleccionado fose o Castelo de Soutomaior, punto de referencia a medio camiño entre Vigo e Pontevedra. No acto se puido degustar o produto a enxalzar en tres preparacións diferentes, seleccionadas e elaboradas polo coñecido cociñeiro da TVG, Javier Freijeiro.

Pola súa banda, o alcalde de Lourenzá e a concelleira explicaron os pormenores desta «festa gastronómica e algo máis» na que se ofrece «un produto distinto e diferenciado pola súa alta calidade» e que, ademais, «foi recoñecida como Festa de Interese Galego fai 10 anos». Na edición 2010 o pregoeiro será Miguel Anxo Fuello, investigador comprometido dende sempre coas fabas e a súa comercialización, que ofrecerá tamén unha charla o primeiro día de outubro. No marco da festa se organizará tamén o XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba, a I Carreira Popular Val das Fabas, unha feira-exposición de artesanía con talleres prácticos para que o público interactúe, unha exposición retrospectiva dos vinte anos de vida da Festa da Faba, casetas de fabeiros, numerosos concertos e actuacións musicais, un xantar popular e, para poñer o broche de ouro á festa, o último día se subirá ó escenario o famoso grupo folk Luar na Lubre.

Exit mobile version