Mércores 29 de setembro, ás 20:00 horas nunha aula da sede da Escola Municipal de Música no antigo Colexio de Palmeiro, tivo lugar a presentación do Curso 2010-2011 da Escola Municipal de Música, na que se contou coa presencia do Alcalde Demetrio Salgueiro e a Directora da Escola Municipal de Música Xulia Nogueira, así como pais e alumnos da Escola.