Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia prevé rematar as naves do peirao de Ribadeo en outubro

Nota de prensa:
Esta actuación acometeuse para contar cun espazo acondicionado inicialmente para a estiba das mercadorías de carga e descarga do peirao

PORTOS DE GALICIA TEN PREVISTO O REMATE DAS NAVES NO PEIRAO COMERCIAL DE MIRASOL NO PORTO DE RIBADEO NO MES DE OUTUBRO

* Algunha reedificouse en condicións semellantes ás precedentes, independentemente dunha nave-almacén que integra este edificio de maneira análoga ás xa existentes na explanada portuaria.

Santiago, 10 de setembro de 2010.- O ente público Portos de Galicia, ten previsto rematar a finais do mes de outubro as obras de construción dunhas naves portuarias no peirao comercial de Mirasol no porto de Ribadeo e que contan para a súa execución cun presuposto de 549.000 euros

Esta actuación realizarase co motivo de resolver as necesidades de Portos de Galicia para contar cun espazo acondicionado inicialmente para a estiba das mercadorías de carga e descarga do peirao comercial de Ribadeo, sen establecerse un uso definido neste momento e, simultaneamente reedificar as naves taller que as inclemencias meteorolóxiocas afectaran ás instalacións de dúas concesionarias do porto de Ribadeo.

Neste senso, reedificouse en condicións semellantes ás precedentes, independentemente dunha nave-almacén que xunto á presente actuación integrará este edificio de maneira análoga ás xa existentes na explanada portuaria.

Foi preciso, no caso da nave-almacén, delimitar un espazo con peche e cuberta donde poñer a resgardo os produtos con entrada ou saída portuaria desde as instalacións xestionadas polo ente público, ou ben para os fins que se teñan a consideración mediando cantos procedementos foran precisos para o acondicionamento de uso ou actividade ao que se deba suxeitar a nave almacén proxectada e, en canto ás naves-taller repoñelas para o servizo e uso preexistente das actuais concesionarias.

A edificación está situada no peirao comercial de Mirasol en Ribadeo, en liña e próxima pero non pegada á nave propiedade dunha concesionaria do porto, retirándose pouco mais dun metro desta, e ocupando un rectángulo duns 900 metros cadrados de superficie dentro da área de servizos do peirao comercial de Ribadeo.

Exit mobile version