Unha vez que as xestións feitas por este clube fructificaran, poñevos no voso coñecemento que o Breogán de Lugo, vai disputar un partido amistoso no Pavillón Vista Alegre de Burela o próximo día 22 de setembro, ás 20 horas frente ao Feve Oviedo Baloncesto de LEB prata.
A presentación aos medios deste partido, de non surxir inconvintes, será o próximo venres 17 de setembro na Casa do Concello de Burela, ás 13 horas, coa participación dos representantes do Concello e das directivas do Breogán e do CB. Burela.
Salientar, que despois de máis de vinte anos, o Breogán volverá a xogar un partido en Burela o cal supón acercar o baloncesto de élite a todos os afeccionados de A Mariña.