Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo di que o desenlace do ERE de Sargadelos débese a informes de inspectores de Traballo

Nota de prensa:
O ALCALDE DE CERVO CUALIFICA DE INTOLERABLE A “DOBRE VARA DE MEDIR” DO MINISTERIO DE TRABALLO NOS ERE DO GRUPO SARGADELOS

*

Alfonso Villares di que como rexedor “non pode permitir” que os informes da Inspección de Traballo do Goberno Central se decanten por adoptar medidas drásticas unicamente na fábrica cervense

*

O Concello sempre entendeu o problema de viabilidade de Sargadelos como o de unha única empresa
*

“Sempre tivemos claro que si as medidas drásticas chegaban, deberían chegar para os dous sitios; e si non, non deberían chegar para ningún” dixo o rexedor

Cervo, 28 de setembro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosouse hoxe profundamente contrariado polo contido dos dous informes da Inspección de Traballo do Goberno central sobre o ERE do Grupo Sargadelos.

Villares dixo non entender como é que o organismo dependente do Ministerio de Traballo fai dous informes distintos para a Cerámica de Sargadelos e para Cerámicas do Castro. “Non podo comprender como dende a Inspección de Traballo do Goberno central na Coruña se considere improcedente o expediente de regulación para a fábrica de Sada e sen embargo ese mesmo organismo dependente do Ministerio de Traballo e Seguridade Social en Lugo decida dar vía libre ao despido de 26 traballadores de Sargadelos. Non o entendo e non sei como é posible que se podan dar estas dúas resolucións distintas dende unha mesma administración” recalcou o rexedor.

O primeiro edil dixo non estar disposto a admitir que as medidas drásticas so se tomen na fábrica cervense -que é a que lle da nome á empresa e a máis rendible economicamente segundo os seus propios directivos-. “Non estou de acordo en absoluto con esta decisión e vou a facer todo o que estea nas miñas mans para que non se chegue a materializar” recalcou o alcalde nun ton contrariado. “Nós sempre entendemos que a situación de precariedade económica que estaba a padecer Sargadelos era a dun único grupo de empresas e que, polo tanto, si as medidas drásticas chegaban, chegarían para Sada e para Sargadelos; e si non, tampouco deberían chegar para ningunha”.

Exit mobile version