NOTA DE PRENSA:
OS SOCIOS/AS NECESITARÁN ENTRADA PARA O ENCONTRO ANTE O MELILLA (SÁBADO 4, 18.30 HORAS)
O Burela FS entregará entradas a todos os socios/as 2010-11 para o primeiro partido da liga o sábado 4, ante o Melilla FS, ante a imposibilidade de distribuír os carnés da nova tempada para esta semana. A empresa subministradora das credenciais viuse obrigada a ampliar os prazos de entrega por problemas loxísticos que prevé resolver nos próximos días.
Os interesados/as poden retirar a súa entrada o sábado, antes do partido, no pavillón ou na sede do club, entre hoxe e o sábado. O horario de atención para hoxe e mañá na oficina será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e o sábado entre as 10.00 e as 13.00 horas.
ABONOS. A tempada 2010-11 incorpora vantaxes en abonos e prezos para adaptarse ás necesidades dos socios/as burelistas. Dentro das tarifas especiais, o club laranxa crea o Abono 25 (50 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos, e suprime o antigo Abono Universitario. Para os máis novos, mantense o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 20 euros para toda a tempada. Tamén se conserva, sen modificacións, o Abono de Xubilado (60 euros). No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, o CD Burela FS mantén o Abono Simple (75 euros) e substitúe o antigo Abono Familiar polo Abono Dúo (125 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as.
NON SOCIOS/AS. Os prezos das entradas para os non socios serán de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.