Site icon Crónica3.com A Mariña

O xulgado arquiva 8 dos 45 procesos sobre urbanismo en Barreiros hasta que caduquen ou pidan a reanudación

Nota de Prensa

O XULGADO ARQUIVA PROVISIONALMENTE 8 DOS 45 PROCESOS XUDICIAIS EMPRENDIDOS POLA ANTERIOR XUNTA DE GALICIA CONTRA O CONCELLO DE BARREIROS EN MATERIA URBANÍSTICA. ALFONSO FUENTE SINALA QUE “PARA NÓS É UNHA BOA NOTICIA E AGARDAMOS QUE NESE SENTIDO VEÑAN AS OUTRAS RESOLUCIÓNS”.

Barreiros, 7 de setembro de 2010. O xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo decidiu arquivar provisionalmente 8 dos 45 procesos xudiciais emprendidos no seu día pola Consellería de Política Territorial contra o Concello de Barreiros en materia urbanística “hasta que cualquiera de las partes solicite su reanudación o se produzca la caducidad de la instancia”.

O rexedor acaba de explicar que “onte recibíamos a información por parte do gabinete de abogados do Concello de que o xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo decidía o arquivo destes 8 expedientes que se enmarcan dentro dos 45 abertos contra o noso Concello por parte da anterior Xunta. Esto se ven a unir a aquela sentencia que coñeciamos hai uns días sobre o fondo urbano que lle daba a razón ao promotor e ao Concello dicindo que nós non concedemos licencia sobre solo rústico. Aquí hai un arquivo provisional e polo tanto non vai haber sentencia nestes 8 expedentes. Na resolución o seus motivos terá o xulgado para arquivalos e non continuar con esto, para nós é unha boa noticia e agardamos que nese sentido veñan outras resolucións”.

Alfonso Fuente mantén  “o que viñamos decindo sempre, con toda a cautela de que nalgún momento nos puidéramos ter equivocado, sempre pensamos que actuamos correctamente e así nos mantemos e agora vemos estas resolucións que deciden arquivar estes expedentes e como decía esa outra sentencia que daba a razón ao Concello e ao promotor”.

O alcalde considera que “á vista desto os promotores estarán esperando que vaian chegando as súas resolucións, hai que ter en conta que unhas están no Contencioso Administrativo nº 2 e outras se tratarán noutros xulgados. Hai que agardar, o que non podemos facer nunca é anticiparnos, hai que ser respectuosos coas decisións xudiciais. Todos están expectantes polos posibles arquivos ou porque se tramiten os procesos e salga unha sentencia”.

Fuente Parga subliña que “segue para adiante o convenio asinado en abril coa Xunta, Deputación e Augas de Galicia para desbloquear este tema. Onte mesmo me reunín en Santiago co conselleiro Agustín Hernández para analizar esta situación e ver cómo viñamos facendo noutras ocasións, prazos e cómo temos que ir. Ese continuo contacto e directo debeuse facer  sempre entre o alcalde e o conselleiro, as cousas se falan, se poñen enriba da mesa e se buscan solucións. Nós desde o Concello agardamos ter todo listo antes de finais de ano, levantadas as medidas cautelares e pensando xa que no 2011 se inicien esas obras que se recollen no convenio e que se prolongarán ata o 2013. Vannos levar a ter unhas depuradoras tanto de auga potable, de augas residuias, iluminación… e todo o que recolle ese convenio que fará que sexamos unha envexa para outros concellos. O que queremos é que se vaian cumprindo os prazos e que se executen as obras”.

O Xulgado arquiva procesos xudiciais sobre o urbanísmo en Barreiros hasta que caduquen ou se solicite a reanudación

Exit mobile version