Nota de Prensa
O TELECENTRO DE RIBADEO ACOLLERÁ DOUS OBRADOIROS DURANTE ESTE MES DE SETEMBRO.
Ribadeo, 13 de setembro de 2010. O Telecentro do Concello de Ribadeo acollerá dous obradoiros durante a segunda quincena do mes de setembro. Asemade, para o vindeiro mes de outubro abrirá aos usuarios/as co novo horario de inverno de luns a xoves de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e os venres de 8:30 a 14:00 horas.
Dentro da iniciativa que deu comezo nos meses de verán Lembranzas de Ribadeo se desenrolará o último dos seis obradoiros denominado sobre videomontaxe. Este proxecto consiste na creación dun documento audiovisual no que os/as participantes dixitalizarán todo o coñecemento posible sobre Ribadeo. Tentarán ser capaces de crear a súa propia composición audiovisual, traballando con imaxes, música e voz en off. Será do 14 ao 30 de setembro en horario de 10:30 a 11:30 horas.
E nos vindeiros días tamén haberá un novo obradoiro de Iniciación á informática cos membros da Asociación A Mariña de Ribadeo. Realizarase todos os venres dende o 17 de setembro ao 17 de decembro en horario de 11:00 a 12:00 horas.
Os interesados en obter máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Telecentro de Ribadeo –Casa da Xuventude-, sito na Rúa Antonio Otero, nº 15, chamar ao teléfono 982.120.732, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: telecentroribadeo@gmail.com