Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE “denuncia que Núñez Feijoo oponse a reformar o Estatuto de Galicia”

Nota de Prensa

O PP negase a crear a Comisión para  Reformalo
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE NÚÑEZ FEIJOO OPONSE A REFORMAR O ESTATUTO DE GALICIA

– O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo que dende o PSdeG-PSOE “estaremos sempre dispostos a abordar esta reforma”, pero advirte que coa postura intransixente do PP “non é posible nin comezar”

– O  Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Manuel Pachi Vazquez interpelará a Feijoo sobre as reprogramación das infraestructuras viarias da Xunta

-O PP rechazou as comparecencias do Conselleiro de Educación e de Infraestructuras

– O ERE de Saragadelos, as becas das dos xovenes investigadores galegos ou a Dependencia na nosa Comunidade, son algunhas das iniciativas que defenderá o PSdeG

-Reclamou que ou o Presidente da Xunta ou a Conselleira de Facenda, presenten en sede parlamentaria, o Plan Estratéxico 2010-2014 “ e que non sexa un Director Xeral como propón o Goberno”

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 10. O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe a nula disposición, e a oposición do PP, para a Constitución da Comisión para a Reforma do Estatuto, prantexada polo PSdeG-PSOE no anterior período de sesións.

Trala reunión da Xunta de Portavoces Leiceaga lamentou que por mor da oposición política do Partido de Feijoo “non sexa posible afrontar dende o Parlamento, co consenso de tódolos grupos, a Reforma do Estatuto de Galicia”. Dixo que dende o PSdeG-PSOE “estaremos sempre dispostos a abordar esta reforma”, pero advirte que coa postura intransixente do PP “non é posible nin comezar”. Ademais non descartou buscar outras vías para acadar un novo consenso estatutario. E insistiu nas súas criticas“para os populares ningún momento é oportuno”.

No que atinxe ao Orde do Día do vindeiro Pleno da cámara Autonómica, Leiceaga reclamou a comparecencia do Conselleiro de Educación “para explicar o inicio do curso escolar”, do que dixo “foi prodigo en dificultades en moitos centros, por mor da falta de profesores, e tamén polas anuncios sobre os recortes anunciados por Feijoo”. A maiores solicitou a comparecencia do Conselleiro de Infraestructuras “do Grupo MATI” para informar dos recortes do Plan Move, que vai ter unha axuste severo, e que o propio Conselleiro cifrou nun 30%. As dúas comparecencias foron rexeitadas polo Partido Popular. Leiceaga anunciou que o PSdeG-PSOE defendera unha moción sobre este asunto.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Manuel Pachi Vazquez interpelará a Feijoo sobre as reprogramación das infraestructuras viarias da Xunta.

Outra moción versara sobre a financiación publico-privada “xa que entendemos que os servicios básicos non deben financiarse por esta vía, e debe garantirse a súa sostibilidade”, subliñou. A terceira moción esta relacionada co impulso da IXP Tenreira Galega e a marca de calidade VAC1.

Sargadelos

Tamén esta na orde do Día o ERE do Grupo Sargadelos, dende o PSdeG-PSOE “impulsaremos unha iniciativa para impedir que a Xunta apoie un ERE extintivo, xa que entendemos que non se corresponde coa situación do grupo empresarial a día de hoxe”. Dixo que esta empresa é un símbolo que traslada fora da Galicia a nosa identidade “e solicitamos que a través do IGAPE se impulse un Plan especifico para dar cobertura as necesidades financeiras a esta empresa e garantir a súa viabilidade”.

Leiceaga tamén amosou a preocupación do PSdeG-PSOE do futuro laboral dos xovenes investigadores galegos, denunciou que para o ano 2011 non están garantidas as convocatorias que permitan continuar as carreiras profesionais dos mozos galegos. Reclamamos a Xunta que faga un esforzo “para non truncar o futuro, dun dos elementos claves e para facela competitiva nun futuro”.

As interpelacións xiraran entorno a Dependencia na nosa Comunidade, amais do compromiso da Xunta co transporte metropolitano dependente da Xunta. Nas preguntas orais serán sobre a paralización de prazas nas escolas infantís e a paralización da apertura do Hospital de Lugo.

Por último aludiu a tramitación do Plan Estratéxico 2010-2014, tratado tamén na Xunta Portavoces. Denunciou que a súa presentación en comisión “non pode devaluarse ata tal punto, de que sexa un Director Xeral quen a presente”. Asegurou que o seu caracter transversal e plurianual precisa da presencia do Presidente da Xunta ou da Conselleira de Facenda. Ademais lembrou que xa se realizou unha presentación publica deste Documento (a empresarios e medios de comunicación) donde contaron con estes dous anfitrións.

Recortes orzamentarios

Tamén se referiu ao recortes orzamentarios anunciados por Feijoo. Sobre a  supresión do servicio de Noitebús, lamentou que desapareza “un símbolo do modelo progresista”, e mentres denuncia “o PP non fala nada sobre a racionalización da Administración pública, mentres aumentan cos Delegados Territoriais”, espetou. E sobre os comedores escolares, preguntouse, si Feijoo considera este servicio opcional?. Pola contra criticou a campaña publicitaria “millonaria” do Decreto do Plurilingüismo. Asegura que as eleccións de Feijoo para investir os  presupostos da Comuniadade explica as claras a política en materia social deste Goberno.

Tránsfugas

Preguntado polos xornalistas sobre a presencia de tránsfugas nas listas do PP. Leiceaga afirmou que “si en algo se caracterizou o PP é en saber usar os tránsfugas para mover municipios, especialmente Pontevedra e Lugo”. E sinalou que “solo busca o momento máis adecuado para dicirllo aos cidadáns”.

Exit mobile version