Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ve “indefinido e pouco serio” o anuncio do alcalde de Burela de peatonalizar “dúas ou tres rúas”

Nota de Prensa

O GMPP vé “indefinido e pouco serio” o anuncio do alcalde a peatonalizar “dúas ou tres rúas”.

Os populares consideran que hai que elaborar propostas consensuadas cos veciños, e non buscar facerse o simpático.

Ven o anuncio semellante ó dos premios ós solares máis limpos, que ainda non se deu o primeiro.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela considera que “o anuncio do alcalde de estudiar a peatonalización de “dúas ou tres rúas” carece de seriedade e de rigor, pola súa indefinición e vaguedade”.

Para os populares, “cando se fala de peatonalizar hai que facelo con estudios, proxectos e informes, cousa que o alcalde non fai, o que vén a demostrar, unha vez máis, a súa inconsistencia política e a súa ausencia de proxecto de futuro para Burela”.

Eses estudios e proxectos “deben contemplar as rúas ou tramos de rúa que se queren peatonalizar, alternativas de movilidade tanto de peatóns como de vehículos, e alternativas de aparcamento”. O GMPP considera que “se o alcalde tén tales estudios e proxectos, debe convocar ós grupos políticos para expoñerllos, e ademais convocar ós veciños e propietarios de negocios e comercios das zonas que se pretenden peatonalizar. Pero lanzar así, tan alegremente, un anuncio semellante, o que fai é xenerar inquedanza e malestar innecesarios”.

Ademais, os populares consideran que “hai un factor adicional que nos move a pensar que este anuncio se parece moito ó dos premios ós solares máis limpos e lucidos, que dous anos despois ainda non se premiou ningún, e é que en tres anos o alcalde non se deu conta da posibilidade de peatonalizar ningunha rúa e de repente encéndeselle a lampariña máxica”. “Coas cousas de comer, non se xoga, e o alcalde semella querer facerse o simpático con este tipo de anuncios con escasa ou nula consistencia”, indican os populares.

Máxime, rematan, cando se está a elaborar un Plan Xeral de Ordenación Municipal, que debe contemplar precisamente estas circunstancias.

Exit mobile version