Nota de Prensa
Rego asegura que o Goberno de Feijoo quere descapitalizar esta infraestructura hospitalaria
O PP RECHAZA NO PARLAMENTO UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA AMPLIAR E POÑER EN MARCHA O PLAN DIRECTOR DO HOSPITAL DA COSTA
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirmou que a espera media cirúrxica do Hospital da Costa é 12 puntos superior a de Galicia
– Envíolle unha mensaxe a Feijoo e reclamoulle “sensibilidade para realizar o Plan Director, porque os mariñaos teñen dereito a unha sanidade de calidade”
– Afirma que o PP demostrou que non ten ningunha intención de ampliar os servicios e equipamentos na Mariña, e en especialmente o que ten que ver co Hospital da Costa
O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego amosou na súa intervención “a fonda preocupación de tódolos mariñaos polo deterioro na sanidade publica do Hospital ca Costa”.
Lembrou ademais que a creación desta infraestructura hospitalaria supuxo un acercamento dun servicio básico na igualdade de oportunidades para os mariñaos.
Tamén aludiu as listas de espera. Dixo que as cifras no Hospital da Costa son “escandalosas e cun aumento durísimo”, e denuncia que a desastrosa xestión do PP colocaron a este centro por “primeira vez na Historia nas peores cifras”. Explicou que a espera media cirúrxica do Hospital da Costa é 12 puntos superior a de Galicia.
Sobre as listas de espera estructurais dixo que aumentaron un 400% e lembrou que “o Xerente do Hospital foi cesado” por este feito. E insistiu nas súas criticas “este é un tema serio”, por iso destacou o compromiso dos profesionais sanitarios deste Hospital “que traballan día a día duramente realizando un importantísimo esforzo”.
A maiores argumentou que na pasada lexislatura detectouse, mediante a elaboración dun Plan Funcional, a necesidade de ampliar o Hospital da Costa, ampliar tamén o cadro de persoal e o seu nivel de servicios. Rego dixo que hoxe estas premisas son fundamentais para poder atender aos pacientes e non contribuír a aumentar as listas de espera. Asegura ademais que o Goberno de Feijoo quere descapitalizar o Hospital da Costa.
Melloras consignadas co Goberno de Pérez Touriño
O deputado socialista fixo referencia a posibles melloras anunciadas polo PP como por exemplo unha rampla de acceso e o arranxo da cuberta, e lembra que todas estas inversións xa estaban consignadas no orzamento do ano 2009 co goberno de Emilio Pérez Touriño. E ironizou “estas obras non creo que axuden moito a rebaixar as listas de espera”. Coas cifras enriba da mesa dixo que en ciruxia xeral pasamos de 57 días de espera en xuño de 2009, a 106 en xuño de 2010; en traumatoloxía de 61 días en 2009, a 91 días de espera en xuño de 2010. “estas cifras son incontestables” espetou Rego “están colgadas na paxina web da Xunta”.
Por último envíolle unha mensaxe a Feijoo e reclamoulle “ sensibilidade para realizar o Plan Director, porque os mariñaos teñen dereito a unha sanidade de calidade”, concluíu.
Afirma que o PP demostrou que non ten ningunha intención de ampliar os servicios e equipamentos na Mariña, e en especialmente o que ten que ver co Hospital da Costa. Di que dende o PSdeG-PSOE non desistiremos na nosa demanda para dotar aos cidadáns da Mariña dun sistema sanitario publico acorde cos tempos que vivimos, e cando menos non inferior aos do resto de Galicia. Por iso sinala que para elo reclamaremos un posicionamento firme dos cidadáns da comarca na defensa de dereitos que custou moi caro conquerir, e que hoxe a política de Feijoo están a poñer seriamente en cuestión.