NOTA DE PRENSA
Lamenta que Roel manipule falando de recortes malia que se felicita porque por fin poña interese nun ámbito no que segundo os populares, durante o seu mandato, a Alcaldía non soubo aproveitar as axudas existentes pois aínda son moitos os inmobles ruinosos ou con graves deficiencias estructurais
Balseiro replica a Roel lembrando que hoxe a Xunta dedica máis fondos para rehabilitación de Vivendas e que as axudas poden chegar ata o 75% do custe das obras
-A partir de agora as axudas para rehabilitación serán compatibles coas concedidas co mesmo fin a través do Plan de Vivenda 2009-2012, o que permitirá acadar unha subvención máxima do 75% do orzamento, mentres que ata o de agora esa porcentaxe máxima era do 50%.
A Mariña, 25 de setembro.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, quixo aclarar que a porcentaxe das subvencións para rehabilitación de vivendas en conxuntos pasa do 50 ao 75 por cento do orzamento protexido, esto significa que a axuda recibida hoxe cubre en maior medida que antes o custe final das obras e, polo tanto, os gastos da rehabilitación.
COMPATIBILIDADE DE AXUDAS
O incremento da porcentaxe máxima da subvención débese a que a partir de agora estas axudas serán compatibles coas concedidas co mesmo fin a través do Plan de Vivenda 2009-2012, o que permitirá acadar unha subvención máxima do 75% e non 50% como acontecida co bipartito. Agora ambas axudas -a autonómica e a estatal- son compatibles, situación que permite compensar a reducción do importe máximo das axudas autonómicas.
GARANTÍA DE PAGOS
O deputado popular tamén aclara que lonxe de efectuar recortes, a Xunta ten incrementada a porcentaxe do orzamento que o Instituto Galego de Vivenda e Solo dedica á rehabilitación. No ano 2010 o IGVS dispón de 12 millóns de euros para este tipo de axudas. Na práctica esto significa que son axudas moito máis realistas, xa que o importe concedido se traduce no pago ao cidadán, e non como acontecía antes co bipartito onde se creaba unha expectativa de recibir unha subvención que despois non se materializaba por falta de fondos, porque a Xunta bipartita prometía achegar máis cartos dos que de verdade existían na partida orzamentaria correspondente.
OITO ANOS PERDIDOS
Balseiro lamenta que desde a Alcaldía de Viveiro agochen esta realidade e apliquen altas doses de manipulación e demagoxia falando de recorte a pesar de que hoxe hai máis fondos adicados á rehabilitación.
En todo caso, o deputado popular, amosa a súa satisfacción porque agora, inda que sexa pola proximidade da cita electoral, o socialista Melchor Roel lembre que é preciso traballar e avanzar na rehabilitación do centro histórico da vila, un aspecto no que, durante o seu mandato e salvo contadas excepcións, non se ten destacado. De feito, un simple paseo polo casco histórico permite deducir que a Alcaldía de Viviero non soubo aproveitar as axudas para rehabilitación e aínda son moitos os inmobles que presentan un estado ruinoso, ou deficiencias estruturais graves polo paso do tempo. Nada disto valeu para que o Alcalde adquirira grandes compromisos para o seu arranxo.
IDEAS/ ARGUMENTARIIOS SOBRE AS AXUDAS Á REHABILITACIÓN
A Xunta limitou o importe máximo das axudas a rehabilitación, pero incrementou a porcentaxe do orzamento de subvención do IGVS á rehabilitación.
Agora plantexamos axudas máis realistas, que poidan traducir no pago ao cidadán; non queremos crear unha expectativa, que despois non se traduce no orzamento correspondente. As axudas que nos concedemos tradúcese no pago. No ano 2010 o IGVS dispón de 12 millóns de euros para axudas á rehabilitación.
O actual Goberno o que fai é axustar a axuda real ao orzamento, polo que –xunto coas axudas no Ministerio de Vivenda- se incrementa o orzamento. Agora as axudas son compatibles.
A Xunta quere aclarar que a porcentaxe das subvencións para rehabilitación de vivendas en conxuntos históricos e no medio rural pasa do 50 ao 75 por cento do orzamento protexido, segundo se establece na resolución do IGVS publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado luns, 19 de xullo.
O incremento da porcentaxe máxima da subvención débese a que a partir de agora estas axudas serán compatibles coas concedidas co mesmo fin a través do Plan de Vivenda 2009-2012, o que permitirá acadar unha subvención máxima do 75 por cento do orzamento, mentres que ata o de agora esa porcentaxe máxima era do 50 por cento.
A compatibilidade das dúas axudas permite compensar o axuste do importe máximo das axudas autonómicas, que responde á necesidade de corrixir a desproporción existente nos dous últimos anos entre estas axudas e o resto de subvencións existentes en Galicia, tanto as financiadas exclusivamente con cargo a fondos autonómicos como as cofinanciadas polo Estado.
En 2008, a antiga Consellería de Vivenda e Solo elevou de maneira inexplicable o importe máximo de ditas axudas, establecendo un sistema desproporcionado en relación co resto de axudas en materia de vivenda existentes en Galicia.