Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP propón no Parlamento que se analicen os informes urbanísticos de Barreiros

NOTA DE PRENSA

Nota de prensa:
SOSPEITAS DE DIRIXIMOS POLÍTICO: Foi o director xeral de Urbanismo do anterior Goberno de socialistas e nacionalistas quen ordenou o inicio das actividades inspectoras en Barreiros pero mentres que as primeiras visitas dos inspectores ao concello tiveron lugar no ano 2008, a inmensa maioría dos recursos contra as licenzas neste municipio foron promovidas con anterioridade a esta data

O PARLAMENTO DE GALICIA ANALIZARÁ, A PROPOSTA DO PPdeG, POR QUÉ A XUNTA BIPARTITA FORZOU A EMISIÓN DE INFORMES NEGATIVOS SOBRE OBRAS EN BARREIROS QUE NIN TAN SEQUERA FORON VISITADAS POLOS INSPECTORES

· O cúmulo de irregularidades protagonizadas polos responsables políticos do anterior Goberno galego fan sospeitar que o seu proceder contra o Concello de Barreiros estaba baseado máis en criterios de oportunidade política que en datos e fundamentos técnicos rigorosos.

· Balseiro lamenta, cuestiona e censura o uso político dos servizos de inspección ante unha problemática xurdida polas denuncias do BNG local

A Mariña, 8 de setembro de 2010.- O Parlamento de Galicia analizará, a proposta do PPdeG, as razóns polas que a Xunta bipartita forzou a emisión de informes negativos sobre obras en Barreiros pese a que nin tan sequra estas edificacións foron visitadas polos inspectores. A devandita situación fai sospeitar aos populares que todo este proceso está viciado de orixe e foi obxecto de dirixismo político desde un primeiro momento, “aquí existiu unha clara intencionalidade de xerar unha polémica que se basea máis en cuestións partidistas que en fundamentos técnicos rigorosos”

Nesta liña os populares lembran que que foi o propio director xeral de Urbanismo nomeado polo bipartito, Ramón Lueje, o que ordenou o inicio das actividades inspectoras en Barreiros e que mentres que as primeiras visitas ao concello dos órganos de inspección tiveron lugar no ano 2008, a inmensa maioría dos recursos contra as licenzas foron promovidos con anterioridade a esta data. Balseiro –que encabeza as iniciativas parlamentarias de control- “lamenta, cuestiona e censura o uso político dos servizos de inspección” ante unha problemática xurdida polas denuncias do BNG local e continuada “en base aos criterios de oportunidade política dos socialistas”.

COMPORTAMENTO INACEPTABLE E CACIQUIL

Balseiro considera claramente inapropiado que desde instancias políticas se lles force aos inspectores a realizar unha serie de informes sen polo menos darlles a oportunidade de visitar as obras sobre o terreo. Por iso mantén o emprazamento ao PSOE e á anterior conselleira de Política Territorial, hoxe deputada desa formación política, a dar as explicacións oportunas por estes feitos que non só tiveron como resultado consecuencias moi negativas pola parálise do desenvolvemento urbanístico nesta zona, senón que ademais prexudicaron dun xeito evidente a moitos veciños deste municipio.

PROCESO POLÍTICO, XURIDICAMENTE INSOSTENIBLE

A Xunta bipartita durante a pasada lexislatura iniciou medio cento de expedientes sobre licenzas de construción de vivendas outorgadas polo Concello de Barreiros. Desde a administración, xestionada por aquel entón por PSOE e BNG, reclamouse a anulación destas autorizacións, chegando incluso a interpoñer diversos recursos contenciosos nos xulgados que moitos dos que están a ser obxecto de arquivo. De corroborarse todos estos estremos, e o uso político da función inspectora da Xunta, imputable exclusivamente aos cargos do bipartito, poderíamso estar ante un proceso político, pero xuridicamente insostenible.

Exit mobile version