Nota de prensa:
O Partido Popular instan ós socialistas a recapacitar e apoiar ó sector lácteo
* A voceira adxunta de Agricultura do Grupo Popular no Congreso Olga Iglesias defendou a proposición de Lei presentada polo seu grupo que vai encamiñada, segundo dixo, a asegurar a superviviencia do sector
Lugo, a 27 de setembro de 2010.- O sector lácteo atópase ó borde da ruina. A situación das explotacións lucenses, dado que ésta é a provincia que máis leite produce de España, é límite. Levan meses vendendo o litro de leite por baixo do coste de producción, e a situación probablemente empeorará posto que prevese un incremento dos precios dos piensos derivada da suba dos precios dos cereais a nivel mundial. Este é o panorama dibuxado hoxe pola voceira adxunta de Agricultura do Grupo Popular no Congreso Olga Iglesias nunha rolda de prensa na que compareceu acompañada polo seu compañeiro na Cámara Baixa Joaquín García e o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro.
Iglesias Fontal explicou que a Proposición de Lei para que se regulen os contratos nas relacións interprofesionais neste sector, presentada a semana pasada no Congreso polo propio conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, tenta aportar solucións á “compricada e desesperada” situación na que se atopan os gandeiros é a que, segundo salientou, o Goberno central, e especialmente a ministra Elena Espinosa, “deixaron abandoados”.
Olga Iglesias salientou que o Goberno de Zapatero debe presionar ás institucións comunitarias para que as negociacións conxuntas sexan posibles, e seguir así ó exempo de Francia que hai meses xa sentou a todos os representantes dos colectivos directamente implicados na cadea de producción (gandeiros, industrias e distribución) e logrou alcanzar un pacto que garante a supervivencia do sector lácteo e que como consecuencia directa propiciou a suba de precios en orixe.
O eixo principal da proposición de lei presentada polo PP é, segundo a voceira adxunta do GPP no Congreso, adoptar unha acción legal que respalde ós productores, obrigando á firma de contratos entre gandeiros e industrias que asegure unha garantias mínimas. O precio inicial, os sistemas de axuste, os parámetros de calidade da leite ou as modalidades e plazos de pago son algúns dos aspectos que inclúe o contrato proposto polos populares.
Sen esquecer tampouco doutros aspectos pouco ou nada regulados nas relacións entre gandeiros e industrias, e que son as culpables de numerosas distorsións. Así, por exemplo, prevé un período de preaviso en caso de que o comprador decida suspender a recollida de leite nunha explotación.
Outra novidade importante é a inclusión da negociación colectiva, a través de organizacións de productores, de xeito que os gandeiros poidan negociar conxuntamente coa industria e poñer fin a esta “sistuación insostible” e evitar “a paulatino peche das explotacións”.
“A obligatoriedade dos contratos non só é boa para os productores, ós que garantiza uns precios mínimos e a seguridade na recollida, senón que tambén aporta seguridade xurídica e estabilidade a todos os integrantes da cadea de producción e garantiza o suministro”, explicou Iglesias Fontal.
“Desde o PP consideramos que as medidas propostas servirían para poñer fin a unha situación de inxusticia e desigualdades, que se resume en que os productores están vendendo o leite a un valor inferior ó precio medio da Unión Europea nun cinco por cento. Unha situación causada sen dúbida polo feito de que os contratos de homologación están sendo absolutamente insuficientes, dado que só cubren un 25% da cuota láctea”, engadiu.
Iglesias Fontal agarda que o PSOE respalde no Congreso esta iniciativa e abandoe xa dunha vez a súa actitude ineficaz e de abandono do sector lácteo que, segundo lembrou, é un dos sectores productivos básicas da economía lucense.