Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide un área de rehabilitación integral para o barrio das Casas Baratas de Burela

NOTA DE PRENSA

O PP pide un área de rehabilitación integral para o barrio das Casas Baratas.

Os populares afirman que desde o BNG enganouse ós veciños co proxecto de cambio de tellados.

Lembran que foi o PP quen comenzou o proceso de regularización da propiedade das vivendas.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela presentou dúas mocións para seren debatidas e aprobadas se procede na sesión plenaria que se celebrará mañán, xoves, ás oito da tarde. A primeira está referida ás Casas Baratas e a segunda ó pago da contía que o concello de Burela tén que devolver ó Estado correspondente ó exercicio de 2008.

En canto á moción sobre as Casas Baratas, o GMPP plantexa na moción que o bipartito burelés solicite á Xunta, no prazo de tres meses, un área de rehabilitación integral (ARI) para o barrio das Casas Baratas, e que o concello se comprometa a consignar nos presupostos de 2011 as contías que se deriven da posta en funcionamento da ARI.

Os populares lembran que foi o PP quen puxo en marcha o proceso de regularización da propiedade das Casas Baratas, e que foi o BNG, co silencio cómplice do PSOE, quen enganou ós veciños plantexando un proxecto de cambio de tellados que non contou nunca coa consabida consignación presupostaria. A Xunta chegou a pedir licencia municipal de obra, licencia que ainda está sen pagar, pero nin licitou nin por suposto adxudicou as obras. E dentro do BNG hai culpables con nomes e apelidos, como a ex-conselleira Teresa Táboas, pero sobre de todo Neves Cando.

A área de rehabilitación integral é unha fórmula confinanciada en grande medida pola Xunta e o Goberno Central, na que o concello se compromete tamén a aportar unha parte para a posta en marcha dunha oficina técnica adicada integramente ó desenvolvemento da ARI. Os propietarios incorpóranse voluntariamente á mesma, aportando unha cantidade que ronda o vinte por cento da actuación, ou sexa, a outra parte da financiación. Esta fórmula non é exclusiva para zonas coma esta, senon que se pode usar para outros barrios ou zonas con problemáticas
específicas, cuestión que o concello debería plantexarse, xa que nestes tres anos nada fixeron en materia de vivenda.

Desde o PP indican que sempre se plantexaron unha colaboración cos veciños dentro da legalidade vixente, e esta é unha das fórmulas. Lembran que, hai algo máis de dous meses, o PP plantexou no Parlamento de Galicia esta posibilidade como enmenda a unha proposta do BNG, enmenda que nacionalistas e socialistas rexeitaron. Agora, afirman os populares, despois de quedar máis claro ca auga quen enganou a quen, agardamos que o bipartito burelés apoie esta moción.

Exit mobile version