Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que a A-8 estea en servizo no ano 2011

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA

O anterior Goberno bipartito e o Executivo socialista de Asturias non contribuíron en absoluto a satisfacer as necesidades en infraestruturas que ambas comunidades veciñas teñen, pese a comprometerse a elo nos distintos cumios interatonómicos

O Grupo Popular promove un acordo no Parlamento de Galicia polo que se lle insta a Fomento a acelerar a finalización da autovía do Cantábrico e retomar o proxecto do AVE

* O PP esixe ao departamento de Jose Blanco que adopte todas as medidas necesarias para que  a A-8 estea en servizo no ano 2011

* Piden tamén que Fomento retome a redacción do Estudo Informativo do corredor ferroviario de alta velocidade entre Ferrol- Asturias – Cantabria e Bilbao

A Mariña, 10 de setembro de 2010.- O Grupo Popular promoverá na vindeira sesión plenaria do Parlamento de Galicia a adopción dun acordo polo que se lle esixe ao Ministerio de Fomento a acelerar dúas infraestruturas de importancia estratéxica para a comunicación das comunidades do Noroeste español:  a autovía do Cantábrico e o proxecto de redacción da liña de alta velocidade entre Ferrol – Asturias – Cantabria e Bilbao.

Máis en concreto, o Partido Popular insta ao departamento ministerial que dirixe Jose Blanco a que adopte de inmediato todas as medidas necesarias para acelerar a construción das obras, co fin de que a A-8, despois de múltiples atrancos, poida estar en servizo na súa totalidade no ano 2011. Tamén os populares reclaman que Fomento retome a redacción dos Estudo Informativo do proxecto de corredor ferroviario de alta velocidade das comunidades cantábricas, que foi contratado en 2003, de tal xeito que poida ser sometido a información pública no ano 2012.

CUMIOS INTERAUTONÓMICOS IMPRODUTIVOS

Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Alejandro Gómez Alonso son os autores da iniciativa parlamentaria (proposición non de lei) a través da que queren poñer de relevo que a xestión de ambos Gobernos autonómicos, tanto o anterior bipartito galego como o socialista asturiano, non contribuíu en absoluto a  satisfacer as necesidades que ambas comunidades veciñas teñen. Boa  mostra disto son os incumprimentos en materia de infraestruturas e dos plans de dinamización comprometidos nos distintos cumios interautonómicos celebrados en febreiro de 2006 e no mesmo mes do ano 2007.

INCUMPRIMENTOS

Os populares insisten en que a pesar do tempo transcorrido desde os devanditos cumios entre os gobernos de Asturias e Galicia, e a pesar  incluso do relevo fronte ao Ministerio de Fomento constátanse hoxe  os seguintes incumprimentos:

Autovía do Cantábrico: Non se respectou o prazo de finalización da obra (previsto en 2009) e os distintos recortes, o cese durante meses da actividade e a insuficiencia  orzamentaria implicará un atraso na entrada en servizo desta vía de  ata 3-4 anos.

AVE Transcantábrico: O tren de alta velocidade que unirá catro comunidades autónomas e tres países (Portugal, España e Francia) foi anulado polo Executivo de Zapatero. En xaneiro de 2007, no BOE publicábase a decisión de Fomento de deixar sen efecto as encomendas de xestión afectuadas a ADIF, o xestor público de infraestruturas ferroviarias.

BENEFICIO MUTUO

Por todas estas razóns e verificado o esquecemento que Fomento practica na Mariña, e que está a causar grande malestar entre a súa poboación e representantes municipais, os populares promoverán un toque de atención ao Executivo socialista. A idea básica é que tanto Asturias como Galicia son comunidades que comparten moitas materias, situacións e inquedanzas comúns, o que aconsella unir esforzos e promover o impulso das actuacións que implicarán un beneficio mutuo para ambas comunidades.

Exit mobile version