Nota de prensa:
De non acadar este obxectivo o acordo transacionado afirma que a administración competente en cada pesqueiría deberá articular un programa de axudas económicas dirixidas aos tripulantes e armadores afectados polas restriccións
OS POPULARES POSIBILITAN UN ACORDO UNÁNIME DO PARLAMENTO GALEGO POLO QUE SE LLE ESIXE AO GOBERNO CENTRAL QUE RECLAME UN INCREMENTO SUBSTANCIAL NO TOPE DE CAPTURAS ASIGNADAS PARA A FLOTA DA PESCADA EN 2010 E 2011
* O Grupo Popular é favorable a que Galicia esta presente nos Consellos de Ministros da UE e xuntanzas preparatorias, para ter voz nos debates máis salientables sobre o futuro do mundo do mar, e que esta medida poida efectuarse asesorando e formando parte da delegación española
Santiago, 14 de setembro de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular acadou un acordo co resto das forzas políticas no seo do pleno da Cámara galega polo que se lle pide ao Goberno central que adopte as medidas oportunas para lograr un incremento substancial das posibilidades de pesca asignadas para a flota da pescada no 2010 e reclamar tamén que se incremente substancialmente o tope de capturas impostas pola UE para o ano próximo. Os populares transaccionaron un acordo final no que demandan que, de non acadar este obxectivo, a administración competente na xestión de cada pesquería, deberá articular un programa de axudas económicas dirixidas a tripulantes e armadores dos buques afectados por estas restriccións e, nomeadamente, as dedicadas á captura de pescada, xarda e bertorella.
Os populares tamén consensuaron unha petición de grande importancia: que o Goberno central articule a presenza da comunidade autónoma de Galicia nas reunións do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea. Se trata de estar presentes naqueles foros nos que se fixen as cotas de captura correspondentes, e en todas as xuntanzas previas e preparatorias. A emenda do PP baséase nun argumento de grande peso: a rexión pesqueira máis importante do conxunto da Unión, que é Galicia, debe ter voz ante un dos debates máis salientables sobre o futuro do mundo do mar. De feito, non sería a primeira vez que un conselleiro do Goberno galego desenvolve esta actividade. A canle apropiada é asesorando e formando parte da delegación do española.
Finalmente os populares manteñen a aposta iniciada pola Consellería do Mar, de tal xeito que se dean continuidade ás medidas precisas para que, unha vez acordadas polo sector, como xa se está a facer, se impulsen melloras na comercialización dos produtos pesqueiros capturados pola flota galega, co obxecto de incrementar o prezo do peixe en primeira venda, e se distinga a procedencia galega nas fases de mercado, procesado e consumo final, controlando deste xeito as importacións de produtos foráneos que provocan unha competencia desleal fronte aos nosos produtos, de maior calidade hixiénica, sanitaria e nutricional.