Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP espera que o goberno central salve Sargadelos

Nota de prensa:
O deputado popular e o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantiveron na mañá de hoxe unha xuntanza co Comité de Empresa da Cerámica de Sargadelos na que lles trasladaron as xestións desenvolvidas ata o momento

Balseiro agarda que o Goberno central sexa “sensible” ante a situación dos traballadores de Sargadelos e outorgue as axudas que a lexislación contempla

· A Orde do Ministerio de Traballo de 5 de abril de 1995 establece axudas para os traballadores afectados por procesos de reconversión de empresas de xeito equivalente á xubilación anticipada.

· O Goberno central xa empregou este procedemento para axudar a empresas en crise polo que é de esperar que tamén o faga con Sargadelos

A Mariña, 13 de setembro de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro agarda que o Goberno central sexa “sensible” ante a situación que crise laboral que están a sufrir os traballadores da empresa Cerámica de Sargadelos e, en consecuencia, conceda as axudas que a lexislación estatal contempla para estes supostos. Balseiro Orol fixo estas declaracións despois de manter, en compañía do Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, unha xuntanza cos membros do Comité de Empresa da Cerámica de Sargadelos na que lles deron conta da información e das xestións desenvolvidas ata o momento.

Balseiro explicou que o Ministerio de Traballo a través da orde de 5 de abril de 1995 establece unha serie de axudas para os traballadores afectados por procesos de reconversión de empresas, en contía e efectos equivalentes á xubilación anticipada. A ela poderían acollerse os traballadores de entre 55 e 60 anos, o que segundo os cálculos do propio Comité podería beneficiar a unha vintena de persoas. Ademais o Goberno central xa empregou este tipo de axudas para colaborar con empresas en crise, polo que é de esperar, e así o esixirán, que tamén o fagan con Sargadelos.

PREOCUPACIÓN POLOS SEUS VECIÑOS

Jose Manuel Balseiro insistiu en que como deputado, e como membro do Goberno municipal de Cervo ten grande preocupación polo ERE que afecta a unha das empresas de maior singularidade e arraigo neste municipio e, sobre todo, porque entre todo este persoal, hai un numero significativo de veciñas e veciños que se están a ver afectadas por esta crise de empresa. De aí que estean a buscar todo tipo de solucións que a lexislación contempla, como pode ser a orde de axudas do Ministerio de Traballo, que poderían contribuír a dar saída a esta problemática e a garantir a viabilidade da empresa e a continuidade do maior número de postos de traballo posibles. De feito Balseiro significou que as axudas poden chegar a cubrir ao 100% os gastos de estas “prexubilacións” de producirse.

Exit mobile version