Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que o presidente da Deputación non fixo nada para vertebrar a provincia e esqueceuse do corredor Barreiros-San Cibrao

NOTA DE PRENSA

O PP de Lugo di que “a vagancia de Besteiro faino atrevido”

* Afirma que o presidente da Deputación “non fixo nada en tres anos para vertebrar a provincia”.
* Esquecer o corredor Barreiros-San Cibrao, “un insulto á Mariña”

Xoves, 2 de setembro de 2010.- O  PP  de Lugo, manifestou hoxe que “a vagancia de Besteiro faino atrevido, porque non se pode pedir discriminación positiva para a provincia de Lugo cando desde a Deputación non se está a facer nada para vertebrar a mesma, impulsar e crear infraestructuras de carácter productivo e xenerar a confianza precisa para superar a crise económica”.

Non se entenden os criterios que moven a actuación de Gómez Besteiro , dado que a Deputación só  actúa en concellos gobernados polo PSOE, e non en todos; e a falla de investimentos en proxectos de futuro, Besteiro limítase a dar subvencións´-limosna de hasta doce mil euros para obras pequenas que logo lle serven para facer inauguracións. A súa incapacidade política lévanos a que non haxa ningún novo proxecto de carácter deportivo ou social que non se tivese iniciado na etapa de goberno do PP, xa que mesmo o novo edificio de Enxeñería do campus lucense vén da etapa anterior.  En tres anos, pola súa incapacidade non se tén posto en funcionamento nin un só parque empresarial novo, a rede viaria provincial está feita un desastre ainda que, eso sí, a partida de gastos diversos para propaganda e publicidade tén pasado de un millón oitocentos mil euros en 2007 a máis de cinco millóns en 2010”.

En definitiva,  “levamos tres anos perdidos pola vagancia de Besteiro, polo que hai que ser  moi atrevidos para  vir agora pedíndolle á Xunta esto ou o outro. Sen ir máis lonxe, o corredor San Cibrao-Ferrol está xa en obras na Mariña lucense, pero ainda non hai nin trazado do tramo Barreiros-San Cibrao, que pertenece a Fomento, e sobre eso non se pronuncia nin José Blanco nin Gómez Besteiro, o que supón unha bulra á intelixencia dos cidadáns da Mariña e do conxunto da provincia.

O PP de Lugo pediulle a “Gómez Besteiro, todo rigor e seriedade precisos, porque a Xunta bipartita non deixou nin un só euro para equipamento do novo hospital de Lugo, así que debe explicar como contaban poñelo en funcionamento, hospital que agora sí será punteiro en tecnoloxía médico-cirúrxica”.

Exit mobile version