Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz cuestiona que para a organización do Día do Deporte se peche un espazo céntrico

Nota de Prensa

Os populares de Foz non cuestionan o positivo da celebración do Día do Deporte pero si que a organización desta actividade obrigue ao  peche dun espazo céntrico alterando o descanso e actividade habitual dos alí residentes

OS POPULARES DE FOZ FANSE ECO DO MALESTAR DE VECIÑOS POLO PECHE DA RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO O PASADO DOMINGO

* Sinalan a explanada do porto ou da Ribeira como un lugar máis apropiado para albergar este tipo de actividades, por iso alí se localizan as festas, citas gastronómicas como a feira do polbo e outros eventos multitudinarios.

* Fernández Manín pensa que si a Alcaldía quere potenciar a actividade comercial nesta zoa da vila debera organizar outro tipo de actividades máis proveitosas.

Foz, 14 de setembro de 2010.- O peche ao tráfico da avenida Álvaro Cunqueiro durante o pasado domingo con motivo da celebración do Día do Deporte xerou gran malestar entre  veciños deste espazo céntrico da localidade. A afluencia dos participantes desde primeiras horas da mañá, e os traballos previos de organización, serviron para alterar o descanso e a actividade habitual de moitos dos alí residentes nun día que, de xeito habitual, é aproveitado para o repouso.

Os populares, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín,  veñen de facerse eco das múltiples queixas recibidas e insisten en que en ningún momento cuestionan a idoneidade e acerto da celebración do Día do Deporte, pero si consideran que a organización desta actividade debera terse realizado nun emprazamento máis axeitado e correcto.

OUTROS EMPRAZAMENTOS MÁIS ACAÍDOS

Desde o PP sinalan á explanada do porto ou a Ribeira como un lugar máis acaído para albergar este tipo de actividades que incluían a instalación de distintas pistas deportivas, circuítos para bicicletas e patines así como de varias competicións. A amplitude destes espazos e a posibilidade de  desenvolver disintas actividades sen risco de circulación viaria son razóns que nestas explanadas se localicen as festas, e as principais citas gastronómicas como por exemplo pode ser a feira do  polbo, así como outros eventos multitudinarios.

IMPULSO Á ACTIVIDADE COMERCIAL

Os populares insisten en que a Alcaldía debera pensar ben as cousas antes de proceder ao peche dunha das principais avenidas da vila, cos consecuentes prexuízos que isto ten provocado. Subliñan ademais que se na intención do Concello estaba impulsar a actividade comercial da vila, deberan promoverse actividades doutra índole, pois os comerciantes tampouco obtiveron grandes beneficios polo peche da avenida o que permite concluír un balance no que abundan os aspectos negativos sobre os positivos.

Exit mobile version