Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pregunta polos malos cheiros na zona alta de Arcadio Pardiñas

NOTA DE PRENSA

O PP pregunta polos malos cheiros na zona alta de Arcadio Pardiñas.

Os populares afirman que o alcalde incumple acordos adoptados co persoal municipal.

Califican de “insuficiente” o proxecto para arranxos da Travesía Municipal á altura de O Perdouro.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela interesarase no pleno municipal a celebrar no día de hoxe por cuestións que teñen interese para os cidadáns, como os malos cheiros que hai en certas zonas de Arcadio Pardiñas, A Granda e Vista Alegre, así como a elaboración da relación de postos de traballo da plantilla municipal.

Os malos cheiros das zonas indicadas veñen sendo motivo de queixa por parte dos veciños desas zonas, que están vendo que o problema non se soluciona. Para os populares, agora os socialistas é evidente que non lle poden cargar as culpas á conserveira, co que algunha explicación terán que dar ó respecto. O PP pide explicacións sobre a orixe dos cheiros e solucións inmediatas para garantir que esta situación non se volva a repetir.

No que se refire á elaboración da relación de postos de traballo (RPT) da plantilla municipal, hai que lembrar que hai cáseque dous anos que este asunto foi a pleno, pero para nada, porque o único que se fixo foi marear a perdiz, pedir informes ós xefes de servicio, e ó final incumplir os acordos que o propio alcalde tiña cos sindicatos: non hai RPT, nin a haberá por unha falla de compromiso do alcalde e da Deputación, que foi quen se ía encargar da súa elaboración, segundo anunciou o propio alcalde. Ademais, o PP interesarase pola elaboración do novo convenio de persoal do concello.

Por outra banda, o PP considera que o proxecto de acondicionamento da taxea transversal do punto kilométrico 4+750 da antiga N-642 (actual travesía municipal na zona de O Perdouro) ó seu paso por Burela, elaborado pola Deputación, é claramente insuficiente para solucionar os problemas ocasionados polas inundacións de xaneiro na zona de O Perdouro. Polo tanto, vaise pedir ó alcalde qué medidas tén pensado tomar para solucionar o problema existente. Hai que lembrar, segundo os populares, que esta obra xa ía estar feita antes do verán, segundo o alcalde, e imos comenzar o outono e ainda estamos como estábamos.

Para os populares, estas tres cuestións poñen en evidencia a calquera alcalde: mírase para outro lado para non ver os problemas, incúmprense os compromisos adquiridos, e non hai capacidade de xestión con outras administracións. Resulta hasta chocante que o alcalde de Burela reúna as tres condicións, sendo máis chocante ainda que esto non é esporádico: ocurre día sí e día tamén, e os veciños xa o saben.

Exit mobile version