Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela léase co goberno do concello polas relacións coa Xunta

Nota de prensa:
O GMPP vé ó bipartito burelés “empeñado en confrontar coa Xunta”.

Os populares lembran que o estudio de viabilidade do porto deportivo fíxose coa Xunta do PP en 2005.

Afirman que a Xunta bipartita levaba a instalación ó ano 2020.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que “o bipartito burelés está empeñado en confrontar coa Xunta, en vez de buscar colaboración institucional, e puxo como exemplo as últimas afirmacións feitas por membros do bipartito sobre o porto deportiovo, cun esquecemento importante, que o bipartito burelés e a Xunta bipartita non fixeron nada para a creación dun porto deportivo en Burela, dado que o único estudio de viabilidade que se fixo hasta o momento elaborouse sendo conselleiro de Política Territorial o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a principios de 2005; a Xunta bipartita fixo un plan director de instalacións náuticas e deportivas que poñía o porto deportivo en Burela no horizonte… de 2020 “.

Para os populares bureleses, “esta é a realidade, polo que non é mui lóxico vir agora dándolle ó pico, por parte do bigoberno burelés, falando do porto deportivo e criticando á Xunta do PP por este asunto. Nin é lóxico, nin é mui presentable, tendo en conta que o bipartito burelés pensa no mar só para sacarse fotos, e para nada máis. Cursos de patròn de embarcacións deportivas fixéronse sempre, tamén se fixeron xornadas gastronómicas, e mesmo se editaron libros e CDs sobre a vida mariñeira de Burela. Por certo, o barco museo estaba bastante mellor cuidado antes ca agora”.

Segundo o GMPP, “o compromiso da Xunta de Núñez Feijoo co porto de Burela é un feito: Feijoo visitou oficialmente ABSA cando hai que visitar ABSA, é decir, á hora da venta do peixe, cando Touriño non puxo o pé no porto burelés agás cando non lle quedou máis remedio por mor do furacán Klaus. As obras de mellora do vial interior do porto están en marcha, e dentro de pouco retomaranse as obras do acceso ó porto. O bipartito burelés pérdese criticando cando debería estar xestionando: só buscan a confrontación coa Xunta, a oposición permanente, o que non é nada bon para Burela, xa que desde o concello debería de haber unha posición totalmente constructiva e de colaboración coa Xunta para sacar proxectos adiante”.

Exit mobile version